A mocidade galega coida o medio ambiente da Costa de Dexo e do Grove

As actividades de voluntariado realízanse desde o venres e concluirán o domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2019 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

Un grupo de mozos e mozas de toda Galicia participan en actividades de voluntariado dedicadas ao coidado ambiental na Costa de Dexo e na praia de Abeleira, no Grove.

As accións realízanse desde o venres e concluirán este domingo. Así se porá fin á semana de voluntariado promovida polo Goberno galego con motivo do Día Internacional do Voluntariado, celebrado o 5 de decembro.

En concreto, esta iniciativa ten como obxectivo "implicar" a mocidade en "accións de voluntariado ambiental en diferentes zonas da Comunidade de gran valor natural", á vez que promove "dinámicas de convivencia" no albergue no que se hospedan todos os participantes.

Ao longo desta semana organizáronse diversos actos que recoñecen o labor dos voluntarios. O día 2 entregáronse os diplomas dun curso de lingua de signos; o 3 realizáronse labores de limpeza no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiros. Posteriormente, o 4 expúxose un traballo dun colexio ourensán e o 5 celebrouse un encontro de voluntarios galegos.

Voluntarios participan nunha limpeza de praias. A CAIXA
Voluntarios participan nunha limpeza de praias. A CAIXA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta