O goberno local da Coruña apoiará a creación dunha marca propia na Lonxa

Por E.P. | A CORUÑA | 10/12/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O goberno local da Coruña apoiará á Lonxa na creación dunha marca propia que diferencie o peixe que chega á cidade, segundo informa tras a visita que a alcaldesa, Inés Rey, realizou ás instalacións.

Nela, xunto a representantes do sector, a rexedora abordou cuestións como as iniciativas vinculadas á formación ao existir postos de traballo que na actualidade non se chegan a cubrir. Desde o Concello, a rexedora comprometeuse a estudar este tema, ademais da iniciativa para impulsar unha marca que explique aos consumidores que están a comprar un produto que chegou aos peiraos da cidade.

Ademais destas cuestións, o goberno local e a Lonxa están a estudar a xestión dos residuos que se xeran nas instalacións.

A alcaldesa, Inés Rey, visita a Lonxa. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rey, visita a Lonxa. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta