EU pide a Podemos e Anova sentar en xaneiro para impulsar unha alianza electoral ás galegas

A federación de EU xa celebrou o seu proceso de primarias, nas que elixiu como cabeza de lista á deputada Eva Solla.

Por E.P. | Ferrol | 11/12/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

Esquerda Unida emprazou ás direccións de Podemos Galicia e Anova-Irmandade Nacionalista a iniciar as conversacións na primeira quincena de xaneiro para a configuración dunha alianza electoral de face ás eleccións autonómicas do próximo ano 2020. O anuncio chega despois de que algúns militantes de Anova tamén aposten por esta vía.

A través dunha resolución da cúpula da federación galega de EU remitida aos medios este mércores, Esquerda Unida adiántase aos seus socios no Parlamento de Galicia e propón "manter senllas reunións" no primeiros quince días do ano para abordar a creación dunha nova confluencia.

A tres días de que Anova celebre unha asemblea da que sairá a súa postura para as autonómicas, Esquerda Unida apela a dar "continuidade ao proxecto" iniciado en 2012 con Alternativa Galega de Esquerdas, a coalición de nacionalistas e federalistas que cambiou o mapa político galego.

Tras a ruptura de En Marea, partido instrumental creado en 2016 para as eleccións autonómicas; as direccións de EU, Podemos e Anova expresaron o seu desexo de seguir na senda da unidade popular, aínda que os acontecementos do último ano distanciaron aos aínda socios en Grupo Común da Esquerda.

E é que Anova descolgouse da coalición En Común promovida polo partido morado e a federación de EU para as eleccións xerais de abril ao encallar as negociacións na repartición dos postos de saída. De feito, a dirección da formación nacionalista expresa o seu malestar polo trato recibido por parte dos seus socios na tese política remitida á súa militancia para o conclave deste sábado.

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, presenta a candidatura para as eleccións autonómicas.. ESQUERDA UNIDA
A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, presenta a candidatura para as eleccións autonómicas.. ESQUERDA UNIDA | Fonte: Europa Press

Na noite electoral e os días sucesivos, os dous parlamentarios da coalición, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, marcaron o camiño ao resto do espazo político de cara ás autonómicas: "O futuro pasa por aquí" e "non hai transformación posible nas próximas autonómicas sen este proxecto político".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Os que nunca foron votados en Galicia agora dan instruccións ao resto...? Oportunismo! Vigo vai para 5 anos sabendo exactamente para que serve EsquedaUnida, para sentar o cú e cobrar o salario, o resto é vía twitter e o traballo para os becarios... En fin basta ver a sede para vomitar https://flic.kr/p/2ggUgHt

1 RAMIRO DE YOLI

Esperemos que Antón e Martiño non caigan na trampa de Yolanda Díaz e Toné