Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2019 | Actualizada ás 20:05
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou este xoves falar da posibilidade de articular unha coalición con Ciudadanos (Cs) para as próximas eleccións autonómicas a modo de 'Galicia Suma' e lembrou que o seu partido "acaba de gañar as eleccións xerais" na comunidade.
"Queda moito tempo para falar diso, estamos con asuntos de goberno", defendeu Feijóo, tras ser preguntado por esta posibilidade ao termo do Consello da Xunta. En todo caso, deu por feito que o PPdeG "presentarase ás eleccións". "Segue sendo a forza máis ampla e acaba de gañar as xerais en Galicia co mellor resultado de toda España. Eses son os feitos", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.