Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia dentro da Tempada de Música Clásica de Afundación

Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/12/2019 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, continúa desenvolvendo a programación da súa Tempada de Música Clásica organizada en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo. A vindeira cita será o venres 20 de decembro, a partir das 20.00 horas no Teatro Afundación de Vigo, cun concerto a cargo da Orquesta Sinfónica de Galicia. Interpretarán Música serena, de P. Vasks, Concerto de Brandeburgo nº 5 en re maior, de J.S. Bach, e Sinfonía nº29 en la maior, de W.A. Mozart baixo a batuta de Dima Slobodeniouk. 

Orquestra Sinfónica de Galicia.
Orquestra Sinfónica de Galicia.

As entradas están á venda na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que conleva unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

Este concerto é parte do programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», unha proposta que ten como obxectivo abrir as portas do Teatro Afundación de Vigo aos centros educativos de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato para que os seus estudantes poidan gozar de concertos de música clásica de balde. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta