O custo laboral das empresas sobe un 2,8% en Galicia no terceiro trimestre

A nivel estatal, incrementouse un 2,2% no período e encadea nove trimestres de alzas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2019 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) ascendeu a 2.350,56 euros no terceiro trimestre do ano en Galicia, o que supón un incremento do 2,8% respecto ao mesmo período de 2018. Segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia é a terceira autonomía, despois de Aragón e Cataluña, con maior taxa de variación anual.

Por hora efectiva, o custo laboral creceu no terceiro trimestre do ano un 3,7%, con 14,04 euros. En canto ao custo salarial por traballador e mes, subiu un 2,8% ata os 1.712,71 euros. Os outros custos por traballador e mes en Galicia alcanzaron os 637,85 euros, o que se traduce nun incremento no terceiro trimestre do 2,6% máis e sitúa o nivel por hora efectiva en 5,23 euros (un 3,6% máis).

Por outra banda, a xornada laboral por traballador e mes situouse en 152,6 horas pactadas, 122,0 horas efectivas e 31,4 horas non traballadas. Na xornada a tempo completo, as horas pactadas foron de 169,3, as horas efectivas de 134,2 e as horas non traballadas, 35,9. A tempo parcial, a distribución foi de 90,7 horas pactadas, 76,8 horas efectivas e 14,6 horas non traballadas. Por último, Galicia anotou 2.797 vacantes, o 2,7% do total estatal, que ascendeu a 104.182.

DATOS ESTATAIS

O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) ascendeu a 2.553,62 euros no terceiro trimestre, o que supón un repunte do 2,2% respecto ao mesmo período de 2018, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este aumento interanual é dúas décimas inferior ao do trimestre anterior, cando o custo laboral das empresas aumentou un 2,4% interanual, rexistrando a súa maior subida en dez anos. Co repunte do terceiro trimestre, o custo laboral encadea nove trimestres consecutivos en positivo, o últimos tres crecendo a un ritmo superior ao 2%.

O custo laboral componse do custo salarial e dos outros custos. Entre xullo e setembro, o custo salarial (que comprende todas as remuneracións, tanto en metálico como en especie) situouse en 1.876,95 euros por traballador e mes, un 1,9% máis. Con este novo avance, o custo salarial suma xa dous anos consecutivos de subidas.

Os outros custos (custos non salariais) alcanzaron no terceiro trimestre os 676,67 euros, cunha alza interanual do 3%.

Gráfica de custo laboral por comunidades autónomas no terceiro trimestre de 2019. EPDATA
Gráfica de custo laboral por comunidades autónomas no terceiro trimestre de 2019. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta