Todos os indicadores apuntan a un parón da economía galega

O INE tamén rebaixa medio punto o crecemento de Galicia de 2018 e déixao no 2,2%.

Por Europa Press / Redacción | Compsotela | 20/12/2019 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

Un total de 14 comunidades autónomas creceron en 2018 menos do estimado inicialmente polo Instituto Nacional de Estatística (INE), entre elas atópase Galicia, á que se rebaixa medio punto o seu aumento do Produto Interior Bruto (PIB) ata quedar no 2,2% (fronte á 2,7% inicial). Uns datos que xa avanzaba este xoves o Foro Económico de Galicia.

Unicamente Aragón e Baleares rexistraron un crecemento maior e Canarias mantívose 'en táboas', de acordo co novo cálculo realizado pola oficina estatística, coa información actualizada da serie 2000-2018 da Contabilidade Rexional de España.

O INE precisa que esta revisión estatística levada a cabo en 2019 obedece á necesidade de actualizar periodicamente as fontes e métodos de estimación empregados para a súa compilación, polo menos cada cinco anos, segundo as recomendacións realizadas pola UE. No caso da Contabilidade Rexional de España, as series revisáronse desde o ano 2000 e, para a Contabilidade Nacional, desde 1995.

Como consecuencia destes cambios, o INE xa anunciou a rebaixa do crecemento do PIB nacional o pasado ano, ata o 2,4%, dúas décimas menos que a estimación anterior, e este venres publicou as novas previsións no caso do crecemento do PIB das comunidades, cunha rebaixa da actividade en catorce delas, revisión á baixa da que só se salvaron Aragón, que creceu un 3%, medio punto máis que o estimado antes, e Baleares, cunha alza do 2,4%, dúas décimas máis. Canarias mantivo no 2,4% o crecemento con ambas as series.

Por este motivo, o crecemento do PIB de Galicia en 2018 (o 2,2%) queda finalmente en 2018 por baixo da media española (o 2,4%).

O PIB de Galicia crece un 2,2% en 2018 coa revisión definitiva do PIB. EPDATA
O PIB de Galicia crece un 2,2% en 2018 coa revisión definitiva do PIB. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta