Feijóo garante que o paridoiro de Verín abrirá "en 24 horas" se hai pediatras e o visto e prace dos profesionais

O presidente da Xunta di que sería unha "irresponsabilidade" e mesmo "un delito" reabrilo nas condicións actuais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu este luns que o paridoiro do Hospital de Verín abrirá "en 24 horas" no momento en que haxa pediatras para atender aos recén nados e se conte co "visto e prace" dos profesionais da área na materia.

As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.
As matronas protestan contra do peche do paritorio de Verín.

Durante un acto celebrado este luns en Ourense, dixo aos veciños de Verín que o Goberno galego "quere abrir ese paridoiro", pero que se tivo que "suspender" a actividade porque "non hai pediatras para os nenos que nacen nese paridoiro".

"Imos seguir o ditame médico", dixo Núñez Feijóo, que garantiu que, no momento no que haxa pediatras e se conte co "visto e prace" dos profesionais, "ese paridoiro ábrese en 24 horas".

"Se non hai pediatras, abrilo sería tanto como dicirlle ás mulleres que poden ir parir a Verín, pero que aos seus nenos non os imos atender no momento do parto", indicou Feijóo, que indicou que sería unha "irresponsabilidade" que tamén "se pode considerar un delito".

O presidente galego asegurou que a falta de pediatras no Hospital de Verín non obedece a que "non se previu" esa necesidade. "Desde o mes de xuño estamos a tentar sacar prazas para conseguir pediatras no Hospital de Verín", dixo Feijóo, lembrando que as dúas prazas de xuño quedaron "desertas" e que foron sacadas de novo este mes de decembro. "Eu espero que se cubran", engadiu.

Núñez Feijóo lembrou que, ademais do servizo de partos para o coidado da nai, é necesario "dar seguridade tamén aos nenos", coa asistencia pediátrica. "Estou convencido de que en canto os teñamos, reporemos ese servizo", finalizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Nemo dos peares

Unha irresponsabilidade que tamén se pode considerar un delito, é camiñar a carón de Marcial Dorado e decir que non o coñeces. En iate pola ría, enchentas, viaxes a Andorra... Iso en primeiro de dereito chamase cárcere. Mentireiro.

1 Pitito

Un pasiño pa' diante un pasiño pa'tras. Esa é a politica economica e social do neno dos Peares. E peor que Rajoi, el polo menos facia algo, fumaba puros