Buscan a un novo Picasso coruñés

Trátase dun concurso de pintura destinado a alumnado de 3º a 6º de Primaria e da ESO.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/12/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participou este xoves na presentación do V edición do concurso de debuxo 'Picasso Coruñés', organizado pola Asociación da Prensa da Coruña (APC), e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo.

A presentación do concurso tivo lugar no IES Eusebio da Garda no que Pablo Picasso estudou Belas Artes e ensino secundario entre os anos 1891 e 1895.

O certame está aberto á participación do alumnado de 3º a 6º de Primaria e da ESO de centros públicos, concertados e privados de toda Galicia.

Imaxe de Picasso pintando o Guernica exhibida nunha exposición que chega a Pontevedra.. FUNDACIÓN A CAIXA - Arquivo
Imaxe de Picasso pintando o Guernica exhibida nunha exposición que chega a Pontevedra.. FUNDACIÓN A CAIXA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta