Avanza o trámite da UE para incluír toda a pataca galega na Indicación Xeográfica Protexida

Con este novo trámite, conclúe a fase de análise do expediente por parte da Comisión Europea e inícianse os tres meses para que os outros estados membros da UE formulen as súas alegacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2019 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou a solicitude para modificar o selo de Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Pataca de Galicia e estendelo a toda a Comunidade.

Segundo informa a Xunta, trátase dun cambio "moi demandado e esperado" polo sector, posto que agora a zona de produción redúcese a catro subzonas: Bergantiños; Terra Chá-A Mariña e Lemos; e A Limia.

Con este novo trámite, explica o Executivo galego, conclúe a fase de análise do expediente por parte da Comisión Europea e inícianse os tres meses para que os outros estados membros da UE formulen as súas alegacións.

Outro dos cambios solicitados é a introdución das variedades agre e fina de Carballo, que se sumarían á actualmente permitida, a 'kennebec'. Deste xeito, permitiríase o cultivo e transformación dunha variedade --a agre-- "moi cultivada na zona da Limia e moi demandada pola industria para pataca frita", subliña a Xunta.

Segundo os últimos datos oficiais, na Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia hai inscritos un total de 74 produtores e 10 almacenistas, cunha superficie de produción de 282 hectáreas repartidas entre o catro subzonas. En canto á comercialización, no 2018 foi de case 6.000 toneladas, o que xerou un valor económico de case 6 millóns de euros.

Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo
Patacas galegas nun campo de cultivo.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta