En Marea critica que sexa a Xunta a que lle pida ao Apóstolo resolver os problemas de Galicia

Critica que os populares fan "abandono de funcións" no Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

En Marea criticou este luns que o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, reivindique ante o Apóstolo a "política con maiúsculas" mentres que o seu partido, o PP, con Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta, "non xestiona as problemáticas vitais para a cidadanía".

Entre outras cuestións, Santalices incluíu no seu discurso a reivindicación de combater a violencia machista e o cambio climático, así como unha transición enerxética "xusta", despois do anuncio do peche de Endesa nas Pontes.

En Marea, pola súa banda, afeou o "abandono de funcións" por parte da Xunta e esgrimiu que a formación "leva moito tempo facendo propostas" que "sistematicamente son rexeitadas polo PP no Parlaento".

Sobre a "plena vixencia" dos dous idiomas oficiais na Comunidade, En Marea considera "inxustificable" vangloriarse diso posto que, á vista dos informes europeos publicados, "non se mellorou en nada" e hai "un gran retroceso" na protección do galego.

O presidente da Xunta será delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo
O presidente da Xunta será delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Courelois

O xacobeo é un mamoneo da xunta destinado á españolización e o proselitismo nacionalcatólico do sector opusino do ppdg. O de invocar axuda ó apóstolo xa é de psiquiatra...

1 Sentidiño

Os do PNV contratan co apóstolo con luz e taquígrafos (que aprendan Podemosgalicia e Bng): https://ep00.epimg.net/descargables...