O PP galego pretende esgotar esta lexislatura "ata o último día" e convocar as eleccións en outono

Tellado asegura que "a Galicia do 2020 só ten tres días de vida pero xa é mellor que a de 2019"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2020 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que "o propósito" do Executivo autonómico que lidera Alberto Núñez Feijóo é esgotar a lexislatura e convocar as eleccións "cando toca", é dicir, no outono de 2020.

Miguel Tellado, secretario xerral do PPdeG
Miguel Tellado, secretario xerral do PPdeG | Fonte: Europa Press

Ante o arranque do ano electoral, Tellado manifestou que "a Galicia do 2020 só ten tres días de vida pero xa mellora á do 2019" porque "debuta" con "máis dereitos sociais, máis emprego e menos impostos" grazas, segundo o popular, á entrada en vigor dos orzamentos da Xunta para este ano.

Neste sentido, indicou que o obxectivo é facer de Galicia "unha illa de estabilidade" fronte á situación do Estado, pois considera que España "seguirá sendo un país inestable politicamente e sen credibilidade internacional".

Así, tras apuntar que o posible novo goberno no Estado encabezado polo socialista Pedro Sánchez pode "castigar a Galicia" como "xa fixo" cos orzamentos para 2019 que non saíron adiante, Miguel Tellado incidiu en que "aínda que 2020 é un ano electoral, é un ano para gobernar".

Por iso, subliñou que o obxectivo do Executivo galego é "gobernar ata o último día" e "facer unha campaña que dure só 15 días" na que "presentar un novo proxecto renovado e con incorporacións" para o próximos catro anos.

ESGOTAR A LEXISLATURA

Despois de que o Goberno galego activase a maquinaria para a celebración das eleccións coa convocatoria dos concursos para planificar e organizar a cita coas urnas, Tellado quixo restar "transcendencia" a este feito "porque non indica nada" e encádrao no cumprimento da Lei de Contratos por parte do Goberno.

Así as cousas e como xa expresou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista con Europa Press a finais de decembro, "o propósito é finalizar a lexislatura" porque, segundo Tellado, ese é "o maior signo de estabilidade e normal funcionamento" para a comunidade: "que se celebren cando toca".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta