O BNG a Pedro Sánchez: "Ningún Goberno español será nunca o noso Goberno"

Néstor Rego avisa que o seu apoio á investidura non é un cheque en branco e non se vincula ao seu Executivo. O líder do PSOE di ao nacionalista que "oxalá" poidan colaborar en 2020 para que haxa "un cambio canto antes" na Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2020 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións e candidato socialista na investidura, Pedro Sánchez, replicou ao deputado do BNG, Néstor Rego, expresando o seu desexo de que ambas as formacións poidan colaborar para desaloxar ao popular Alberto Núñez Feijóo da Xunta tras as eleccións galegas previstas para outono do 2020.

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, disponse a dar a réplica aos portavoces do Grupo Plural durante a primeira sesión do debate da súa investidura na XIV Lexislatura en Madrid (España), a 4 de xaneiro de 2020
O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, disponse a dar a réplica aos portavoces do Grupo Plural durante a primeira sesión do debate da súa investidura na XIV Lexislatura en Madrid (España), a 4 de xaneiro de 2020 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

"Oxalá podamos atoparnos na colaboración, non só en España, senón en Galicia, e que se poida producir un cambio [no Goberno galego] canto antes", manifestou o tamén secretario xeral do PSOE.

Pola súa banda, o deputado do BNG coincidiu no seu desexo de que se consiga "un cambio político" en Galicia. "Pero non só de persoas, senón de políticas", remarcou.

O nacionalista Néstor Rego iniciou a súa intervención empregando o galego e finalizouna cun "obrigado", o que xerou que o propio Pedro Sánchez respondese con outro "obrigado" na súa réplica, unha polémica chiscadela que suscitou críticas a través das redes sociais, xa que é unha forma lusista de dar as grazas.

NON É UN "CHEQUE EN BRANCO"

Durante o seu primeiro discurso no pleno de investidura iniciado este sábado no Congreso, o deputado do Bloque avisou que o seu voto a favor da investidura non é un "cheque en branco" e quixo marcar distancias co goberno de coalición de PSOE e Unidas Podemos, a pesar de que vai favorecer a súa elección.

"O goberno que vostede propón encabezar non é o noso Goberno, porque ningún Goberno español será nunca o noso Goberno", proclamou o deputado nacionalista .

Segundo explicou, o seu voto a favor da investidura "non é un cheque en branco, só un apoio puntual para posibilitar que haxa un novo goberno", e que está condicionado a que se cumpra o pacto alcanzado por ambas as formacións. "Só esperamos que cumpra cos compromisos dun país que leva moito tempo esperando", remarcou.

DE MOMENTO, SÓ O ASINADO

De feito, quixo deixar claro que "o BNG non se vincula ao novo Goberno", agás no que asinaron co PSOE e naquelas políticas nas que poidan coincidir.

En concreto, fixo fincapé na necesidade de "acabar coa estafa" da autoestrada de peaxe da AP-9, de resolver o déficit enerxético de Galicia, de modernizar infraestruturas e de avanzar na transferencia de competencias reclamadas polo Parlamento de Galicia.

Na súa resposta, o candidato Pedro Sánchez agradeceu o apoio do BNG, máxime cando o PRC cambiou de posición pasando do apoio do pasado mes de xullo ao voto en contra, o que fai "aínda máis importante", segundo recoñeceu o candidato, a posición do parlamentario nacionalista galego.

Así mesmo, acerca da demanda do Bloque para a aprobación do estatuto das empresas electrointensivas, o socialista expresou que Alcoa "estivo presente en todas as conversas" que mantivo coa ministra de Industria, Reyes Maroto.

Neste contexto, mostrou o seu compromiso coa "loita contra a deslocalización" de empresas e lamentou que xa se chegue "tarde" á aprobación do estatuto electrointensivo, o que vinculou a que o Executivo estivese en funcións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Riuriu

Néstor, sé coherente. Nada de gobierno español, pero luego tampoco nada de sueldos del parlamento español y pensiones máximas de la Seguridad Social española, ni por supuesto ninguna de las ventajas fiscales asociadas al sueldo de diputado español. A vivir con el Olentzero a una aldea del Caurel.

1 xaesta

Claro que si home, o falar non ten cancelas, e nen o touciño ten que ver coa velocidade nin o cu coas temporas, vantaxes de cobrar da SS española, de cal imos cobrar, da que cotizamos, como é loxico, como os galegos que cotizan na Alemaña cobran da SS alemana, e por iso deben sentirse alemans?

2 Plan Galicia de Mierda

Pois ben dito, nos 40 anos de democracia ningun goberno español preocupouse por Galicia, para eles sempre fumos a ultima merda. Queda na memoria a famosa frase de Magdalena Alvarez "El plan Galicia de mierda", pois iso tratannos como parvos dende Madrid e dende sempre

1 Gamela

Sen quitar mérito ao debate, de momento só temos unha Carta aos Reis Magos, e supoño que todos os "nenos e nenas" agardan ter os "agasallos desexados"... Ás veces traen carbóns e outras veces non traen nada do que lles pedimos, e cando abrimos o paquete levamos unha enorme desilusión ao ver que nada do que queríamos trouxeron...

1 xacobe

Si non se consigue malo, si se consigue tamén. Pufffff

2 Gamela

Conseguir aínda non conseguimos NADA ! De momento todo é RUÍDO !!!