A Xunta explicará na Cámara as demandas de Galicia que lle fixo ao Goberno de Sánchez

Será a través do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerá por iniciativa propia a próxima semana no Parlamento galego para dar conta da 'Axenda galega' exposta ante o Goberno central para a súa "concreción e execución".

Segundo informa a Xunta nun comunicado, o obxectivo é explicar as necesidades "máis prioritarias" que centrarán o diálogo co Goberno que dirixe Pedro Sánchez, e que deben ser abordadas "de maneira inmediata". Estes asuntos xa foron incluídos nas 22 cartas que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enviou a semana pasada aos ministros.

As demandas trasladadas pola Xunta céntranse "nun amplo abano de áreas" como o financiamento, as infraestruturas, o apoio á industria, a sanidade, ou os servizos de benestar, peticións todas elas que buscan "prestar máis e mellores servizos á cidadanía".

Entre os asuntos "máis urxentes", o Executivo autonómico sitúa o pago das cantidades que corresponderían a Galicia en función da mensualidade pendente do IVE de 2017 e dos incentivos polo cumprimento das regras fiscais, que cifra nuns 370 millóns de euros.

Como outra das demandas "máis apremiantes" apunta á transferencia da AP-9, que "xa foi solicitada ao Goberno central en anteriores ocasións". No mesmo orde de asuntos, tamén se reiterará a necesidade de que Galicia conte "cun calendario real da chegada do AVE".

A situación das industrias galegas, das que dependen miles de empregos, é tamén un dos asuntos "de maior prioridade" para o Goberno galego. Non en balde, pide ao Goberno central unha transición ecolóxica "xusta" e a aprobación definitiva do estatuto para as empresas electrointensivas, ademais de carga de traballo para Navantia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Parlamento.. XUNTA - Arquivo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Parlamento.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta