A guerra sucia dos partidos galegos na Rede

A vitoria depende duns miles de votos e hai menos diñeiro para propaganda. GC desvela algúns dos trucos máis ou menos honestos para desgastar a imaxe dos rivais nesta campaña.

Por Walter Burns | O Irixo | 10/09/2012 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Alberto Nuñez Feijóo prometeu cando era o candidato Feijo09 acabar co paro en 45 días. A maioría dos lectores do GC  tardarán décimas de segundo en cualificar de certa esta frase. Ao fin ao acabo lérona ducias de veces durante esta lexislatura. Mesmo a oposición botoullo en cara ao presidente na Xunta varias veces no Parlamento!

Foto de perfil dunha das parodias de Beiras no Twitter
Foto de perfil dunha das parodias de Beiras no Twitter

As comiñas dos 45 días

Agora tenten atopar a cita textual nalgunha crónica dun mitin do líder conservador en 2009. Ou no seu programa. Ou nalgunha entrevista daquela ...

Non se esforcen moito, pois fracasarán. Como fracasou a semana pasada un traballador dun partido da oposición. Andaba a buscar estes días o 'corte' para incluílo nun Youtube 'anti-Feijóo' para lanzar esta campaña. Tras indagar horas, tivo que admitir que os famosos 45 días era unha lenda alimentada na Internet.

Sirva esta anécdota de exemplo de dúas cousas. A primeira, o poder da Rede para converter un rumor en realidade política. A segunda, a explotación do 'lado oscuro' do ciberespazo que fan a maioría dos partidos galegos nesta precampaña.

Foto do perfil da parodia de Feijóo no Twitter
Foto do perfil da parodia de Feijóo no Twitter

Os powerpoints do PPdeG

Esta guerra suxa ten certa tradición na política galega. En 2009 aos correos electrónicos das  redaccións chegaban a diario Powerpoints sobre 'villa PSOE' e outras presuntas corruptelas da "malgastadora" era Touriño. Mirando o campo de propiedades do arquivo, podíase comprobar que o Powerpoint fixérase no ordenador dun coñecido xornalista, xa daquela membro do equipo de comunicación de Feijóo e hoxe premiado como un dos membros do Consello da Administración dunha importante empresa pública.

Estamos en 2012 e os powerpoints están máis anticuados que os zapatos de punta quilomética. Hoxe Twitter e outras redes sociais dominan construcción da opinión pública.

Quen está detrás dos twitters parodia?

Nos últimos meses inzan os perfís paródicos de políticos galegos. Unha 'plaga' que sofren sobre todo os persoeiros do galeguismo.

Un dos últimos é X.M. Beiras Tostado, 'alterego' do líder de Anova Irmandade Nacionalista. Como era de agardar, hai moita retranca en contra do pacto irmandiño con Esquerda Unida. O catedrático de Económicas é un dos poucos políticos coa 'honra' de inspirar dúas parodias, pois hai outro BeirrasIrritado.

Tamén apandan co seu Rafael Cuíña, dirixente de Compromiso por Galicia, e a súa sombra RajaCuinha ou o xa clásico, por pioneiro, PacoUPG, parodia de Francisco Rodríguez, ex-líder e principal referente ideolóxico da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso dentro do Bloque.

Máis novos son aínda Pachi Enfurecido (alterego de Manuel Vázquez, candidato do PSdeG) e Feijóo Enfurecido (parodia do máximo mandatario galego). Detrás de todas estas parodias están rivais políticos dos persoeiros parodiados e, nalgún caso, traballadores doutros partidos.

Outra vía para crear opinión valéndose do anonimato da rede son os comentarios nos xornais electrónicos. O propio presidente da Xunta animou nunha reunión a xefes de prensa do Goberno e a cargos do PP a atallar a avalancha de críticas que sofren os 'populares' ante os recortes. "Estanos a derrotar totalmente na Internet", laiouse.

Feijóo e os comentarios nos diarios electrónicos

Ao día seguinte, en GC, cuarto diario electrónico con máis audiencia, comezaban a aparecer comentarios con enlaces ás hemerotecas de La Voz e El Correo, lembrando os supostos malgastos do bipartito.

Unha variedade máis elaborada deste truco consiste en entrar nos "chats" das emisoras de radio, tentando que as súas opinións se colen entren as seleccionadas para ser lidas en antena. GC coñece polo menos un caso dun traballador dun partido que fixo iso en Hora 25 da Cadena Ser. Logo foi contratado como persoal de gabinete da Xunta bipartita.

E é que na campaña, como no amor e na guerra, todo vale. Máis cando non hai tantos cartos para propaganda como 2009. Permanezan, pois, atentos as súas pantallas; pero fágano sempre preguntándose quen se agocha neste xogo de máscaras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 64 comentarios

24 movimentogalegopilongo

Q MAMONAZOS!!! E AINDA CONSIDERADES O PP, O PSOE A IU etc partidos galegos? ANDA QUE...

1 o pindo

Non, o único partido galego é a secta UPG. Lobeira vai traballar que xa estás ghrandiño para empezar¡

2 o pindo

Non, o único partido galego é a secta UPG. Lobeira vai traballar que xa estás ghrandiño para empezar¡

3 jose ramon

Pregunta ANXO GUERREIRO NO PERIODICO esta coalicion e electoral u tendra continuidade?van mantera logo no parlamento con unidade de acion e de criterios? Y AHORA EU ME PREGUNTO ¿QUE PREBALECERA O ESPAÑOLISMO OU GALICIA' Si EU dice que o identiterio pasa a 2ª lugar quere decir que ANOVA realmente estase integrando en E U. JODER BEIRAS como a erredaches

23 Indignacao

Vou canso de tanta merda, vote a quen vote ou Feijó ou Pachi serán quen governe. Tanto escindirse e desescindirse pra poñer o PPSOE no poder. Non me vai o rollo lusista, pero desta volta votarei aos do PT, non van governar pero hai que consolidar unha boa oposición. Teñen boas ideas, son coherentes con elas, e o mais importante, teñen moitos moitos collóns. Neste país son os únicos que se moven. Son os únicos que defenden o rural, os únicos que consiguen xuntar partidos pra facer cousas, dentro e fora de Galiza, e os únicos que saben o camiño e dan os pasos necesarios. O meu voto non valerá ara que gobernen, pero si para que se consoliden. Adiante!

22 Toreiro

21 Toreiro

O do apoio de IU aos touros na TVE ...unha lenda urbá, espallada interesadamente, precisamente agora.

1 Manolo_

Lenda urbá? Mira, para empezar dise "urbana". E para seguir, a representante de IU no consello de RTVE votou a favor de retirar a prohibición das touradas no manual de estilo da cadea, con pretextos moi peregrinos. http://www.publico.es/espana/422613...

20 Juan Varela

Pois eu si que atopei as comiñas http://www.interviu.es/panorama/art...

1 d3Sr

Si hombre, ese artículo es de despues de las elecciones y la propia periodista dice que supuestamente lo dijo ANTES de las elecciones. La cuestion es en que mitin. Seguid buscando, porque es un bulo, otro mas.