Xulgados por 25 euros

Membros da Asemblea de desempregados de Ferrol serán xulgados por levar sen pagar produtos dun supermercado. A CIG cualifica o xuízo de "inmoral".

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 12/09/2012 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Ocupación de supermercados en Andalucía por membros do SAT
Ocupación de supermercados en Andalucía por membros do SAT | Fonte: marymeseta.blogspot.com

Os membros desta plataforma informaron da súa acción cunha pancarta na que se lía  'Polo emprego e a dignidade, non permanecemos parados'.  Ao pasar polas caixas de pago deixaron unha fotocopia da "demanda de emprego" da Xunta de Galicia e subtraeron produtos como garavanzos, arroz, lentellas ou fabas que levaron, logo, á cociña económica. Iso os que o puideron facer porque o resto foi identificado por unha patrulla da Policía que xa os agardaba fora.

Por iso, foron deninciados por por un xuízo de faltas e de furto. O sindicato CIG convocou unha protesta en coincidencia con este xuízo, en "solidariedade" cos participantes.

"Inmoral"

Manel Grandal, portavoz comarcal, da CIG critica o comportamento da cadea comercial, a marca francesa DIA, que "prefire que produtos a piques de caducar vaian ao lixo antes de darllo á xente". Ademais, cualificou de "inmoral" a actitude "do poder xudicial por admitir a trámite unha denuncia por 25 euros para meter medo á sociedade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

9 El Dioni

E o Mario Conde, fai un partido e vaise presentar as eleccions. Esto é de coña

8 opino

Home...se vas a unha empresa privada a rouber denúnciante. É normal. Como acción simbólica poderían facer unha petición formal ao supermercado para que lle deran produtos que foran a tirar... Ainda así descoñezo se eses produtos se tirán por algunha lei de sanidade.

1 O Príncipe dos Mouros

Está claro que as cousas se poderían facer desa maneira, pero o que pasa é que Mercadona vende produtos do marabilloso país de Israel e, enfermos de antisemitismo, queren boicotear os supermercados a calquera prezo, agochando as súas verdadeiras intencións baixo outros argumentos.

2 Doña Leticia

Case que todalas multinacionais que operan en Galiza ou son francesas, alemanas, ianquis etc, o capital non tén fronteiras, máis preguntalles os traballadores de Alcoa, Mercadona, Lidel, Thyssen etc...que lles parecería que se lle prantexase un boicot á súa empresa, habería que explicarllo cando iso das eleccións sindicais, imos boicoterar a vosa empresa pra loitar contra o capitalismo máis rancio. Con todo, apoio o acto dos compañeiros, pena que non fosemos milleiros máis. En todo caso a Cig como empresa tamén deixa moito que desexar, que llo pregunten os que largarón no Ere de Forga, todo un exemplo de comportamento patronal, do máis rancio, ou sexa que unha cousa é a amizade e outra os cartiños e os intereses patronais, neste caso da Upg, esta todo podre.

7 Suetonio

Así é o capitalismo se roubas comida para comer, eres un delincuente, se roubas miles de millóns, eres un emprendedor. Sistema individualista, insolidario i explotador a mais non poder. O que non é bó para a colmena, non é bó para a abella.

1 O Príncipe dos Mouros

Pero por que mentides tanto! :P Vós só asaltades os Mercadona porque venden produtos de Israel! Por que non falades claro? Veña, ho! Ben ricas que están as mandarinas israelenses!

2 eusi

esas tanxarinas non son as que dan cagarría... mental?

3 cocoliso

israelenses ¡pero que palabros-xentilicios! :)

6 Anxo Naron

Cumpre aclarar que a acción da asemblea de desempregados da CIG foi anterior a dos compañeiros do SAT. Cumpre aclara-lo porque nunca pomos en valor a capacidade do noso pobo para organizar-se e resistir;parece que todo o que ven de fora é bon,un modelo a imitar,cuando no País hai centos de iniciativas de todo tipo que buscan despertar a conciencia das clases populares. Apos a grande manifestación en Barcelona,é hora de reafirmarse como pobo e organizar-se como clase.

5 espazo

Volvemos aos tempos nos que é noticia o que en Ferrol chaman P.M.I. (pura m*rda industrial). Se o empresariado fuxe de Ferrol por folloneros, esto non mellora a imaxe nin axuda a atraer inversións.

1 Luaces

Pero o video quen o ten?

2 aeg

Paco Vázquez dixera algo parecido: que o problema de Ferrol era ter estado moitos anos "tocando el zueco continuamente".