Denuncian ao SERGAS ante a Fiscalía polo risco de contaxio de pacientes nas ambulancias

A CNT quéixase do incumprimento en temas de saúde no transporte dos pacientes que padecen enfermedades infecto-contaxiosas.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 28/01/2020 | Actualizada ás 08:05

Comparte esta noticia

A CNT presentará o día 28 de xaneiro ás 10.30 horas unha denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña para que actúe fronte aos incumprimentos en

Ambulancia do 061. Arquivo
Ambulancia do 061. Arquivo

materia de saúde do servizo de transporte sanitario non urxente (ambulatorio e hospitalario) e o hospitalario urxente do SERGAS.

Os incumprimentos denunciados estarían a poñer en perigo a saúde dos pacientes ao realizar o transporte de persoas con enfermidades infecto-contaxiosas con outros pacientes no mesmo habitáculo da ambulancia. "Tanto os traballadores como o resto de pacientes que se ven obrigados a compartir ambulancia poñen en risco a súa propia saúde" asegura o sindicato nunha nota de prensa.

Con todo, as responsabilidades destes actos recaerían sobre o Servizo Galego de Saúde, a UTE Servicios Sanitarios de La Coruña S.L., Ambulancias María Pita S.L. e Amparo Lage Pardo, como supervisora de Admisións de hospitalizacións do CHUAC.

 

"As indicacións que estarían a recibir os traballadores para realizar os traslados suporían ignorar o indicado no Real Decreto 836/2012, de 25 de maio" acusan desde a agrupación, así como os Protocolos de traslado de pacientes aislados e a Guía de aislamientos do complexo hospitalario universitario Juan Canalejo Marítimo de Oza. Todos estes documentos recollen os protocolos adecuados para o traslado de pacientes ase como os de limpieza e desinfección.

 

Como recolle a demanda que presentará a CNT, “As consecuencias destas prácticas irregulares e ilícitas poden ter un grande alcance non só para os enfermos trasladadods nestas condicións e para o persoal que leva a cabo estes traslados, senón tamén para o conxunto dos usuarios dos servizos de saúde e incluso para a totalidade da poboación”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta