Retiran case 1.500 quilos da especie invasora uña de gato das praias de Doniños

O proxecto de voluntariado impulsado por Abanca prevé a plantación de especies autóctonas en contornas forestais de especial interese.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2020 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Un grupo de 27 voluntarios de Abanca e a súa Obra Social, Afundación, participaron o sábado na primeira acción organizada polo banco este ano no marco do seu programa de voluntariado ambiental 'Traballando pola mellora do patrimonio natural'.

A contorna da praia de Doniños, en Ferrol, foi o escenario escollido para iniciar a nova edición do programa, no que Abanca conta coa colaboración e o asesoramento do Grupo Naturalista Hábitat.

Os empregados que se desprazaron a esta Zona de Especial Conservación 'Costa Ártabra' dividiron a xornada en dous partes. As primeiras horas da mañá dedicáronas a extraer exemplares de uñaa de gato (Carpobrotus edulis), unha especie procedente de Sudáfrica de gran potencial invasor que supón unha ameaza para a vexetación autóctona deste espazo dunar. En total, retiráronse 1.480 quilos desta planta exótica.

A continuación, os participantes trasladáronse ata o areal, onde recolleron 49,5 quilos de residuos, a gran maioría microplásticos depositados polo mar tras os temporais.

As actividades incluídas no programa de voluntariado ambiental de Abanca para o primeiro trimestre de 2020 pon o foco na limpeza do litoral e a plantación de especies autóctonas en contornas forestais de especial interese. A próxima acción de conservación da contorna costeira realizarase o vindeiro sábado, 1 de febreiro, na praia de Baldaio (Carballo).

Programa de voluntariado ambiental de Abanca na praia de Doniños.. ABANCA
Programa de voluntariado ambiental de Abanca na praia de Doniños.. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta