Converxencia XXI xa ten candidatos

Os liberais galegos din que son a "única alternativa de centro galeguista" para solucionar os problemas de Galicia. Carlos Vázquez Padín encabeza a lista por Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/09/2012 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Afiliados de Converxencia XXI
Afiliados de Converxencia XXI

Encabezan a súa lista por Pontevedra Carlos Vázquez Padín, Secretario Xeral de CXXI: Licenciado en Ciencias Políticas e da Administracion, especialidade estudos políticos pola USC, MBA (Máster en Administración e Dirección de Empresas) pola Escola de Negocios de NCG e actual líder e concelleiro en Tui por este partido. Por Ourense encabeza Henrique Carvalho, presidente da APG e Secretario de concello xubilado. En Lugo Garcilaso de la Vega lidera a lista. Executivo comercial e Secretario de Organización e Eventos de CXXI, é licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago. Na provincia da Coruña encabeza a lista Mateo S. Franco Rguez., Secretario de internet e coordinación estudantil de CXXI, estudante de Enxeñaría en Xeomática e Topografía pola USC.

Críticas aos partidos tradicionais

CXXI insiste en que os "máximos responsables da crise actual", PP e PSOE, "non son quen de tomar medidas de verdade porque só están preocupados por salvar os seus privilexios". Tamén critican aos "movementos que aparecen como alternativas a ambos lados da dereita e esquerda", en alusión a BNG, Alternativa Galega de Esquerdas e CxG, porque "non deixan de aproveitarse da demagoxia e do feble para incorrer nos mesmos erros que nos levaron á situación actual".

No seu programa está baixar os  impostos como motor de movemento da economía, supresión drástica de cargos e institucións políticas innecesarias (deputacións, senado, delegados, asesores...) ou apoio real ao emprendedurismo empresarial...Converxencia XXI é o único partido que dende o seu nacemento mantén ese compromiso coa sociedade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

21 Milucho

Carlos Vázquez Padín é ese home capaz de identificarse con Nick Clegg, arrimarse a Artur Mas e declarar que votaría a Ron Paul e quedar máis pancho ca un Pepe, pero oe, que os máis son os incoherentes.

20 O Príncipe dos Mouros

Estiven visitando a vosa web, lendo algúns artigos de Padín e vendo a vosa canle no Youtube, e hai que recoñecer que Padín fala cun sentidiño salomónico. Estades dispostos a botardes abaixo tódolos chiringuitos a dereitas e esquerdas. Sodes unha alternativa moi interesante. No entanto, aínda boto en falta no voso programa a vosa posición con respecto aos dereitos que se están a debater neste momento: dereitos da muller coma o aborto, matrimonio igualitario e familias homoparentais, etc. Supoño que estaredes a favor de todo xa que defendedes a liberdade individual e dicides que tedes o partido de Nick Clegg como referente, pero me gustaría velo escrito explicitamente nalgures.

1 converxente

Hai algún pronuciamento na web a este respecto, está nos posts mais vellos e non é evidente, mais búscao e leeo, a ver que che parece.

2 O Príncipe dos Mouros

Xa o atopei: http://www.converxencia.eu/?p=2017 Encantoume. Gústame a vosa ideoloxía. Sodes un partido que pode e merece medrar. No comunismo téñenvos bastante medo por aquilo de botar abaixo chiringuitos que chupen do frasco máis da conta. Gustoume tamén a condena ao réxime ignominioso de Irán en varios vídeos de CXXI no Youtube. Coido que tedes o meu voto.

19 Ollobarro

Da pena tanto spam dicindolle a Padín q tiña q pactar con CxG. Imaxinade a estampa, CXXI no medio de un CxG pactando cos de Beiras IU e o resto de comunistallos. A quen enganades? Os de CxG o único centro o teñen na carteira. CXXI, dime con quen andas... E mellor sos e honrados que con esos vendidos. Adiante CXXI!

18 Henriqe

Pra u nacionalismo de esquerda e socialista temos moitas opoción. para os que nos consideramos galeguistas centrados e non non antisistema creo que CXXI é unha oba opción.

17 Muñeiro

Visto o que ofrecen o resto dos partidos, mais do mesmo, esta e a mellor opción,hai que parar de mantener este fato de lambons