Converxencia XXI xa ten candidatos

Os liberais galegos din que son a "única alternativa de centro galeguista" para solucionar os problemas de Galicia. Carlos Vázquez Padín encabeza a lista por Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/09/2012 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Afiliados de Converxencia XXI
Afiliados de Converxencia XXI

Encabezan a súa lista por Pontevedra Carlos Vázquez Padín, Secretario Xeral de CXXI: Licenciado en Ciencias Políticas e da Administracion, especialidade estudos políticos pola USC, MBA (Máster en Administración e Dirección de Empresas) pola Escola de Negocios de NCG e actual líder e concelleiro en Tui por este partido. Por Ourense encabeza Henrique Carvalho, presidente da APG e Secretario de concello xubilado. En Lugo Garcilaso de la Vega lidera a lista. Executivo comercial e Secretario de Organización e Eventos de CXXI, é licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago. Na provincia da Coruña encabeza a lista Mateo S. Franco Rguez., Secretario de internet e coordinación estudantil de CXXI, estudante de Enxeñaría en Xeomática e Topografía pola USC.

Críticas aos partidos tradicionais

CXXI insiste en que os "máximos responsables da crise actual", PP e PSOE, "non son quen de tomar medidas de verdade porque só están preocupados por salvar os seus privilexios". Tamén critican aos "movementos que aparecen como alternativas a ambos lados da dereita e esquerda", en alusión a BNG, Alternativa Galega de Esquerdas e CxG, porque "non deixan de aproveitarse da demagoxia e do feble para incorrer nos mesmos erros que nos levaron á situación actual".

No seu programa está baixar os  impostos como motor de movemento da economía, supresión drástica de cargos e institucións políticas innecesarias (deputacións, senado, delegados, asesores...) ou apoio real ao emprendedurismo empresarial...Converxencia XXI é o único partido que dende o seu nacemento mantén ese compromiso coa sociedade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

16 Mergulhador

deixade aos de Converxencia XXI tranquilos, ho, um pouco de respeito. da risa ver xente que saiu do BNG por ter "um espaço Politico" e neganlho a C.XXI que foi fundado em piores condicions e anos antes que o CxG. Eu penso que as ideias de C.XXI son a longo prazo e teran moito futuro, iso si, CxG tem moi pouca diferenciacion ou orixinalidade respeito do BNG. soa a BNG-Bis produto de Liortas internas e ao Filho do Grnde CACIQUE. POUCA MEMORIA HISTORICA OS QUE SE UNEN AO FILHO DO CACIQUE DE LALIM. TEDE ALGO DE DECENCIA E VOLTADE AO BLOCO.. estiven vendo o seu web e non hà nada diferente. como din em França, cando se fala do Fronte Nacional de Le Pen; "entre o Orixinal e a copia, fico co Orixinal"'.

15 pepinho grilo

Vexo que os "comprometidos cos comunistas" critican a Padín por ser liberal e despois pidenlle que entre en CXG. Enfin, chamade a Cayo Lara, ohh, e pedidelle por favor coaligarvos con IU, que sodes moi esquerdistas, que vos admitan, choromicade un pouquiño que ao mellor ainda cola para conseguir un deputadiño. Tendes ata o luns ás doce da noite.

14 Pardo de Cela

Q venhan os convergentes a comprometerse; e padin melhor q qede ahí ca sua egolatría

1 Comprometido

Hai moito medo ao compromiso haha

2 Afiliado_Cxxi

Os converxentes non imos ir a un partido de Esquerdas que baixa os pantalons por ir nas listas con Izquierda Unida. Os converxentes non somos de esquerda. Somos a alternativa da Liberdade dos Galegos

13 PALADIN

Palladiiiiin, paladiiiin, comprometete con compromiso, que vas a ter moitos suscriptores a tua revista. Imos aló Paladiiiin.

12 O da eira

Vexo que hai unha petición extendida nos comentarios que lle piden a Padín que se comprometa cos comprometidos cun compromiso comprometido con Galicia.