Converxencia XXI xa ten candidatos

Os liberais galegos din que son a "única alternativa de centro galeguista" para solucionar os problemas de Galicia. Carlos Vázquez Padín encabeza a lista por Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/09/2012 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Afiliados de Converxencia XXI
Afiliados de Converxencia XXI

Encabezan a súa lista por Pontevedra Carlos Vázquez Padín, Secretario Xeral de CXXI: Licenciado en Ciencias Políticas e da Administracion, especialidade estudos políticos pola USC, MBA (Máster en Administración e Dirección de Empresas) pola Escola de Negocios de NCG e actual líder e concelleiro en Tui por este partido. Por Ourense encabeza Henrique Carvalho, presidente da APG e Secretario de concello xubilado. En Lugo Garcilaso de la Vega lidera a lista. Executivo comercial e Secretario de Organización e Eventos de CXXI, é licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago. Na provincia da Coruña encabeza a lista Mateo S. Franco Rguez., Secretario de internet e coordinación estudantil de CXXI, estudante de Enxeñaría en Xeomática e Topografía pola USC.

Críticas aos partidos tradicionais

CXXI insiste en que os "máximos responsables da crise actual", PP e PSOE, "non son quen de tomar medidas de verdade porque só están preocupados por salvar os seus privilexios". Tamén critican aos "movementos que aparecen como alternativas a ambos lados da dereita e esquerda", en alusión a BNG, Alternativa Galega de Esquerdas e CxG, porque "non deixan de aproveitarse da demagoxia e do feble para incorrer nos mesmos erros que nos levaron á situación actual".

No seu programa está baixar os  impostos como motor de movemento da economía, supresión drástica de cargos e institucións políticas innecesarias (deputacións, senado, delegados, asesores...) ou apoio real ao emprendedurismo empresarial...Converxencia XXI é o único partido que dende o seu nacemento mantén ese compromiso coa sociedade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 48 comentarios

1 Humildade

"...apoio real ao emprendedurismo empresarial...". Como é isso? Imagino que se suprimirão todas às subvenções a todas empresas, não é? O que não pode ser é que o Estado introduza uma distorção no mercado livre dando vantagens ou subvenções a determinadas empresas.