A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

28 Pedro Martín Juárez

No BNG hai futuros "falanxistas" do Estado galego. Non todos os benegás apuntan nesa liña, pero hainos.

1 Perico Pallotti

Cara de "falanxista" tes ti.

2 Falanxe Libanesa

Dádeme un Estado Galego aína que sexa gobernado polos futuros falanxistas do BNG. Prefiro unha Galiza de falanxistas do bloque a unha Galiza españolista de Izquierda Unida al PP

27 Perico Pallotti

Os compañeiros da UPG seica pensan que están nun consello comarcal e poden ameazar e insultar á xente que deixa comentarios contrarios á súa doctrina.

1 Felipe de Xinzo

cara de deixar comentariso contrarios á súa doctrina tes ti

2 Perico Pallotti

Home, mellor só "de doctrina".

26 Operario galego

Non que ian chamar ao deputado madrileño Miguel Ángel Reneses para que lle fixera as listas, coma aos "modelnos" iluminatis de Beiras.

1 Perico Pallotti

Creo que finalmente chamaron a Aíto García Reneses.

25 Xanti

Bah o de sempre, que se deixe de chamar BNG e se chame o que é UPG, e uns cantos independentes.

1 aaaaaaaaaag

Podería chamarse UPG perfectamente. Unión do Pobo Galego e seguiría sendo a casa común dos galegos de nación. Os do Partido Comunista de España nunca entenderedes a importancia de contar con forzas propias e non caer no sucursalismo. O voso é ser a Izquierda Unida al Pepé.

2 Xanti

Eu non voto por ese que ti pensas... A UPG é un partido estalinista, dubido que ise sexa un partido nacional galego; é un partido comunista. Eu non teño nada contrao o bloque, pero e que hoxe en día soamente é a UPG. Hai algo de malo niso????

3 Socialista galego

Ti sabes do que falas? Xanti Burringuez. O stalinismo non existe, en todo caso será marxista-leninista, pero tampouco caerá esa breba. Deixa de ver telelixo e ler os mass-merda capitalista que así tes os miolos. Vas morrer de fame no millor dos capitalismos posibles, pringao.

4 Xanti

A ver Estalinista Pailán, voume poñer ao teu nivel, falar por falar é algo que é de balde, pero de política semella que non tes idea algunha. Na politoloxía é un término aceptado, pero Pacorro and company semella que no Berra e Teima dira que non, pero en fin como isa é a vosa biblia... Kin Yon Il é un grande demócrata, vaita para Corea do Norte canda o voso adorado lider, de seguro que non morres de fame ...

24 Círculo Lítico

Quen vai pagar a campaña de Nandi, Roberto Tojeiro ou Endesa?

1 Bandeira

Creo que o Chatarras de IU.