Temas: TWITTER WHATSAPP

Coñece os novos 117 'emojis' de Whatsapp neste 2020

A versión 13.0 inclúe 62 novos emoticonos e 55 variacións de xénero.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/01/2020 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Unicode Consortium revelou os 117 novos 'emojis' que chegarán aos nosos smartphones neste 2020. Integraranse en Android, iOs, en redes coma Whatsapp ou Twitter, etc. Servirán para ampliar o noso 'diccionario' visual á hora de comunicarnos vía dixital. 

Os novos emojis disponibles para os nosos 'smartphones'
Os novos emojis disponibles para os nosos 'smartphones'

Entre eles, chaman a atención a bandeira transxénero, unha cara sorrindo cunha lágrima ou a clásica 'man italiana' en diferentes tons de pel. Esta versión 13.0 que se publicou na súa propia páxina web, revela un total de 62 novos 'emojis' e 55 variacións de xénero neles.

A apariencia das novas iconas, coma o té de perlas, a cucaracha ou o abrazo dos muñecos de Messenger, dependerá do sistema operativo do usuario, a versión de iOs e Whatsapp é a máis similar á que publica a 'Emojipedia', que avanza que posiblemente liberará unha versión previa para iPhone durante o día Mundial do Emoji, o 17 de xullo. O resto, deberán esperar á segunda metade do ano para 'escribir' con estes novos debuxos.

Temas: TWITTER WHATSAPP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta