Temas: MúSICA

Pouca Bala, nos albores do pop melancólico galego

Con apenas meses de existencia, esta banda viguesa formada por músicos xa experimentados aposta pola tristeza dos tempos tomando como referencia, entre outros, Radiohead ou The Cure. Pop escuro en galego, pensado para fluír tranquilamente polo tempo e o espazo.

Por GC Tendencias | Vigo | 19/09/2012 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

Pouca Bala é unha agrupación nada en Vigo a mediados do ano 2012. Está formada por catro membros de diversas localidades da zona e con diferentes estilos de base musical, nembargantes o xuntarse, aparece unha sorprendente fusión de melodías e acordes que recordan a tempos atrás ; un pouco de inxenuidade e outro pouco de irreverencia, fan de Pouca Bala un proxecto con “miras altas pero cos pés na terra”.

Pouca Bala
Pouca Bala

Pouca Bala está formada por:

Isaac Mariño. Guitarra acústica e voz. Ex-cantante e compositor do grupo DIAS DESCALZOS, grupo afincado en Bouzas Vigo e enfocado na música de autor (2005-2008), Finalista do concurso Galicia Crea 2007 (para novos autores galegos), finalistas da primeira e gañadores (premio compartido) da segunda Mostra da Canción de Autor Utopía Son, chegando a gravar a sua maqueta na RTVG. Ex-cantante tamén do grupo pop/rock SMALL COFFINS, afincado en Gondomar (2008-2010), co que chega a ser maqueta do ano en Galicia/Castela e leon 2008 pola revista independente MONDOSONORO, así como permanecer dous meses consecutivos no noveno posto do top ten nacional da mesma revista, na zona demoscópica. No 2007 a discográfica Bonvivant records (Cáceres) inclúe duas cancións do grupo no recopilatorio MEGATÓN YEYE (la nueva aristocracia del pop) compartindo disco con Oscar G. Avendaño, así como diversos grupos do panorama independente nacional como NO ALOHA, PANENKA, etc... Candidatos tamén a maqueta do ano polo Maketón dos 40 Vigo, no 2008 recollen unha das cancións da súa primeira maqueta pra sua difusión na reportaxe dun magazine da TVG. No 2011 embárcase en varios proxectos en solitario con dous productores galegos. Para facer a liña de baixo chama a Rubén, o proxecto non vai adiante mais é o comezo do que hoxe son POUCA BALA.

Rubén. Baixista. Escomenzou a súa andaina en grupos locais de Heavy Metal, aínda que as súas influencias pasan dende o rock, metal, ate o reagge e cantautores. Este é un novo proxecto musical no que pode exteriorizar un refinado estilo e un gusto patente e definido.

Álvaro. Guitarrista. Aparece en escena a carón do seu irmán Rubén. Os seus comezos son paralelos, moito gusto a hora de compoñer partes solistas nos temas. A exixencia é unha das virtudes que teñen estes dous compoñentes, co que eclipsan completamente a falta de experiencia en directos.

Rubén. Baixista
Rubén. Baixista

Iván Martínez. Batería e percusións Comeza dende moi novo no mundo da música. Aos 12 anos xa forma parte de grupos tradicionais galegos e dunha banda de gaitas do concello de Mos. Participa en varias edición de concursos de cuartetos de Gaita e percusión. Pronto empeza a cursar estudios de percusión no conservatorio, tendo como mestre a Marcos Valcárcel, compaxinando esta actividade coa participación na Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de pontevedra, dirixida por D. Hipólito Cabezas. Grazas á permanencia nesta agrupación adquire unha grande experiencia en concertos en directo. Nova York, París, República Checa ou Milán son algúns dos escenarios que pisou ata o de agora… Foi profesor de percusión na Escola de Gaitas e Percusión da provincia de Pontevedra. Tamén ten a oportunidade de experimentar a grabación dun disco de estudio, editado por Sonifolk, e grabado nos estudios Sonyarte, con Arturo Sabugueiro. Despois de varios anos tocando aquí e acolá, forma a banda Habitación 316, pero despois de facer varios concertos en vigo, o proxecto se dilue e non sae adiante. A casualidade fai que se reencontre co seu amigo da infancia, Isaac mariño, e despois dunha proba dun ensaio, pasa a formar parte deste proxecto que se chama POUCA BALA.

Páxina de facebook de Pouca Bala

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Superfan

Gustame moito este grupo!

1 Ivan Martínez.

Moitas grazas! En breve poderedes escoitar os temas. Unha aperta grande!