Fegamp avisa que os concellos "non poden asumir máis gastos"

Feijóo, pola súa banda, destaca que a galega é unha das cinco autonomías que outorga máis fondos incondicionados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) comprometéronse a traballar conxuntamente para delimitar e aclarar as competencias de cada administración e, neste sentido, compasar o financiamento dos servizos.

É unha das principais conclusións que se extraeron da reunión do xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, na que tamén participou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre quen recae as relacións coas administracións locais.

En declaracións aos medios posteriores á reunión, o tamén alcalde de Vilagarcía deu as grazas polo encontro mantido e explicou que trasladou a situación de carga económica que teñen os concellos galegos coas transferencias coas que contan.

"Os concellos non podemos soportar máis competencias sen que veñan acompañadas do orzamento adecuado", deixou claro Varela, quen conveu a necesidade de "darlle unha volta no financiamento" que reciben os municipios e facer un debate certeiro sobre as competencias con respecto ás comunidades autónomas.

Deste xeito, Varela apostou por seguir traballando en mellorar o financiamento das administracións locais e levar a cabo "unha delimitación máis clara das competencias". Feijóo, que recolleu a luva e se abriu á definición de competencias como unha tarefa a realizar, salientou que Galicia se sitúa entre as cinco comunidades que máis fondos incondicionados transfire ás administracións locais.

Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico destacou o "espírito de colaboración" que mantivo a Xunta que preside desde hai 11 anos cos tres dirixentes da Fegamp que estiveron desde entón --o exalcalde (socialista) de Ames, o do Barco de Valdeorras (do PSOE) e o de Ferrol (PP)--. "Cos tres tivemos 11 anos de colaboración, respecto e lealdade que continuarán no próximos catro anos", afirmou.

Feijóo tamén remarcou que en época de "vacas fracas", o Goberno autonómico tamén traballou con "lealdade" e espera que así siga co actual presidente da Fegamp e a comisión executiva. "Galicia está entre as cinco que máis achega ás entidades locais", destacou. Nestes once anos, transferíronse 1.300 millóns de euros incondicionados aos municipios e en total, entre fondos condicionados e incondicionados, a Xunta achegou 3.600 millóns. 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, na Comisión Galrega de Cooperación Local.. XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, na Comisión Galrega de Cooperación Local.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta