Suso Díaz: “Eu non faría iso”

O histórico sindicalista e ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia rexeita as medidas que o seu sindicato lle propuxo aos traballadores da Forem.

Por Xurxo Salgado | Ferrol | 23/09/2012 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

“Eu non faría iso se fora secretario xeral”. Suso Díaz, 68 anos e hístórico de Comisións, acaba de saír en defensa dos traballadores da Forem-Galicia, unha fundación dependente de CC.OO., sobre a que pesa un ERE con despidos e indemnizacións de 20 días por ano traballado. O máximo que impón a lei tras a nova reforma laboral do PP.

Xesús Díaz, ex secretario xeral de CC.OO.-Galicia
Xesús Díaz, ex secretario xeral de CC.OO.-Galicia | Fonte: EGU

Precisamente, Díaz foi un dos que hai uns meses saíu á rúa, convocado polo seu sindicato, para rexeitar esta lei. Por iso, non entende que a dirección de CC.OO.-Galicia queira aplicala, agora, aos seus traballadores. “Sorprendeme moito que Comisións faga iso cos traballadores que teñen a conciencia sindical de CC.OO.”, argumenta en declaracións a GC.

“En desacordo”

Por iso, se amosa completamente “en desacordo” co que está facendo a Executiva do seu sindicato. “Entendo que se reduciron os cartos para a formación, pero iso non se ten que traducir en despidos”, apunta.

Díaz propón outras medidas antes do despido como ERE’s temporais. “O que se trata é de gañar tempo para evitar os despidos que debería ser a última solución”, engade. “E se non hai máis remedio pois haberá que despedir xente pero non baixo a lei que combatimos na rúa”.

Medidas negociadas

Neste sentido, aposta por medidas negociadas; despidos de 40 días de indemnización –como mínimo—por ano traballado “e buscando posteriores recolocacións”. A CIG tamén despediu a 30 traballadores en xuño aplicando esta indemnización e minimizou a resposta dos despedidos.

O ex secretario xeral de CC.OO.-Galicia agarda que este problema poida solucionarse “pola vía do diálogo” e que o sindicato non actúe coma un “patrón”. Por iso, xa falou cos afectados para transmitirlle o seu ánimo e apoio.

Pola súa banda este luns día 24 de setembroos traballadores da Fundación Forem Galicia CCOO comezarán unha folga indefinida cuxo motivo desencadeante é a aplicación por parte da dirección da Fundación do expediente de regulación de emprego cuxo número de despedimentos alcanzaria o 63,10% da actual plantilla.

Os asalariados din que CCOO ofrece "unha indemnización de 20 dias por ano, aplicando deste xeito a reforma laboral pola que venimos mostrando o noso máis profundo desacordo dende fai tempo".

O sindicato nega que estea a aplicar a reforma laboral e culpa dos despedimentos aos recortes impostos polo PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Investigo

Me parece fuera de tono que este señor vaya en contra de un sindicato que ha ayudado a construir. Si como dicen es por salvar a su hijo eso si que ya no tiene nombre. Que hará si su hija no consigue lo que ansía. Lo veremos en poco tiempo ya que sí estos van contra los suyos mejor no darles oportunidades...

6 windowxanela

Aprobeitar reformas para despedir mais barato o fan todos os sindicatos, polo menos os que manexan pasta: ccoo,ugt,cig. Nos sexamos hipócritas ou iñorantes no mellor dos casos.

5 eu si

¿por que está tan preocupado? ¿por que su hijo es uno de los afectados?

4 mira pra riba

Nótase que hai congresos cerca e se quere recuperar a silla, ¿non sí? un pouco descarado o teu, como se non suoberamos das que facías.

3 o raposo

ESTAN CAIDOS NA BURGUESIA E NA MONO-ARQUIA E NON FAN NADA POR INDEPENDIZAR O POBO GALEGO, NON ME EXTRAÑA ENTON ANDA QUE O "TRAIDOR" DE VIERIAS ACABE FORMANDO PARTE DO TINGALADO...

1 José P. Martínez

Cantas parvadas se din!