"A Xunta usa o anuncio de Pemex para impulsar ao PP, non hai compromiso"

Un conselleiro da petroleira pública mexicana nomeado polo Goberno advirte que os contratos, que a Xunta dá por pechados, sairán a concurso nos próximos meses. A propia PEMEX admite que o asinado en Santiago inclúe "cláusulas suspensivas".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/09/2012 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

“El anuncio de los flotantes cayó en tiempos electorales en Galicia, y entonces la Xunta lo uso políticamente para impulsar al Partido Popular, pero no hay un compromiso de Pemex”. Quen fala así é Fluvio Ruíz, conselleiro profesional de Petróleos Mexicanos, PEMEX nomeado polo Goberno de México.

A denuncia de Ruíz únese ás voces cada vez máis numerosas que se erguen no país americano contra o "contrato" que a Xunta di ter asinado para que dous barcos hotel se fagan en Galicia. O PRI acaba de presentar no Senado Mexicano unha pregunta na que considera "excesivo" o custe do acordo. O PRI gobernará en México dentro dun mes, o actual acordo está promovido por dirixentes de PEMEX nomeados polo actual goberno en funcións, do PAN.

A denuncia de Fluvio Ruíz ten máis peso porque o seu cargo na empresa pública está por riba dos cambios na política mexicana. Nomeado este ano e procedente da universidade, seguirá como conselleiro até 2018.

Fluvio Ruíz, conselleiro de PEMEX
Fluvio Ruíz, conselleiro de PEMEX | Fonte: El Economista

"Eles farán unha proposta nunha futura licitación"

O asesor do Goberno é moi claro desmentindo que o rubricado sexa un acordo firme. "PMI aclarará que los flotantes no son un compromiso de Pemex, eso es un acuerdo establecido con los astilleros gallegos como posibles proveedores de una futura licitación a ser realizada por Pemex Exploración y Producción", asegura.

Nunha entrevista co xornal 24 horas, o conselleiro de Pemex ´engade que "“PMI tiene firmado un acuerdo con los astilleros para hacer una propuesta y ellos harán una propuesta a Pemex Producción en el momento de que salga a licitar los floteles”.

É dicir, que a construción dos dous floteles en Galicia non está pechada, nin moito menos. De feito, no comunicado da propia PEMEX advírtese que nos propios "contratos" hai métodos para suspendelos.

O máis concreto que publicou Pemex ao respecto é que "PMI identificó oportunidades altamente competitivas en Galicia para proveer servicios de alojamiento para el personal de plataformas de Pemex Exploración y Producción. El pasado 19 de septiembre, tras meses de negociaciones, PMI firmó contratos para la construcción de dos floteles en los astilleros Navantia e Hijos de J. Barreras. Estos contratos, plenamente válidos, incluyen cláusulas suspensivas que entrarán en vigor en los tiempos acordados".

O futuro do naval galego nas mans do PRI

Intentará o PRI parar o asinado en Compostela unha vez que se faga no Goberno? Polo que se intúe da súa interpelación parlamentaria si.

Segundo detalla El País, o PRI cuestiona, ademais do prezo, porque se pretende construír fóra de México. O partido mesmo dubida da capacidade de Navantia e Barreras de botalos buques porque “tenían cinco años sin un solo contrato firmado, ni para construir una lancha”.

Dende o comezo sabíase que todo dependería do novo goberno de México

O máis preocupante de toda esta lea é que o conselleiro Ruíz identifica o rubricado por Feijóo como unha manobra política para anotarse un tanto en precampaña.

Dende que comezaron os contactos hai un ano coñecíase o inminente calendario electoral mexicano. Polo tanto, xa daquela era evidente que ningún acordo ou contrato sairía adiante sen o apoio do novo goberno nacido das urnas.

En conclusión, os 3.000 empregos durante 30 meses que prometeu o Goberno Galego dependen arestora de convencer ao PRI que Galicia é o mellor sitio para facer os seus buques. A tarefa de convencer ao PRI de que non tire para atrás o asinado valéndose desas "cláusulas suspensivas" corresponderá ao próximo Executivo emanado en Galicia nas urnas do 21-0.

O rubricado diante das cámaras en Santiago non se fixo público. A Xunta alega que PEMEX impuso unha cláusula de confidencialidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

26 todoenorde

Uiiiii, uiiiiii Fijolito. Que asquito! Despois de montar a Pokemon coa túa xuíza PPopus, agora veñen os mexicanos desmentindo o do contrato dos 3000 (!) postos de traballa e os dous floteis. Mira que se fusilaches todos eses milleiros de euros (300.000) nosos en regalarllelos á Coz e a El Correo, máis outros 80.000 a destro e sinistro para que fagan a propaganda e agora resulta que los weis se te rajan, manito. Es todo fume, neniño. Vas ter que ir casa por casa de cada galego regalando maletíns.

25 Autonomia

O tema é o seguinte: 1.- Frijol promete à Pemex o ouro e mais o mouro para poder ter uma cousa vendível da sua péssima gestão (bom, mais bem da ausência de gestão); 3.- Os mexicanos dizem-lhe que vão mirar o tema; 3.- Frijol dá dinheiro (nosso, não dele) aos media a destra e sinistra para que lhe façam a campanha; 4.- Os media vendem o tema dos barcos como se estiver fechado; 5.- Contra o que pensa Frijol, nem todos os centro e sul-americanos são analfabetos e a imprensa mexicana monta la de Dios es Cristo acusando a Pemex de ceder aos interesses colonialistas espanhóis em detrimento das empresas pátrias; 6.- Ay jalisco no te rajes.

24 anonimo

3º A pesar de todo o que aconteceu nestes catro anos, que esta merd de pemex é unha carallada se pensamos en cousas como o eólico,qeu nun país minimamente civilizado provocaria a dimisión inmediata non xa do presidente senon de todo o goberno, digo, que a pesar de todo ganarán as elecións porqeu neste país votan unha gran masa indocumentada ao pp, pase o que pase e fagan o qeu fagan. non digo qeu todos os seus votantes sexan uns indocumentados pero calquera o pode ver nos concellos pequenos e medianos. 4º o novo goberno si saira, debe rematar dunha vez por todas coa dictadura do minifundismo mental, non queremos autopistas joder queremos cerebros pensantes, espabilade bng¡¡¡¡

1 Walton

Totalmetne de acordo, pero se a o xefe da oposición é Pachi, mal asunto. Se ademais, o nacionalismo se disgrega xusto no momento máis inoportuno, aínda peor... A veces uns e outros parecen aliados do frijolito. Será que non hai máis cera e que eles son así porque o pobo é así?

23 anonimo

1º o titular tiña que ser "Feijoo minte e usa o anuncio de pemex....". Quen minte non é a Xunta é o presidente, qeu xa parecedes a coz¡¡ 2º Calquer de 1º de dereito sabe qeu os contratos se fan por escrito. Nin cláusulas de confidencialidade nin nada, que se publiquen nos medios os contratos.

22 P. Garcia

Por certo, fontes da nova maioría de goberno de México e tamén de Pemex teñen comentado que a ubicación dunha factoría da petroleira en Langosteira (porto exterior de A Coruña) tampouco é un compromiso firme. De feito, hai dirixentes políticos que propoñen revisar o convenio asinado.