Caballero denuncia a política de "recortes" de Feijóo arroupado polas cúpulas socialistas de Lugo e Pontevedra

O secretario xeral do PSdeG fixo un chamamento na Fonsagrada a "defender o Estado do benestar" fronte ás políticas "privatizadores" do líder do PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento este domingo á Galicia que "defende o Estado do benestar" fronte ás políticas de "recortes" que representa o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo.

Así o manifestou Caballero durante a súa visita á XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada (Lugo), na que estivo arroupado polas cúpulas socialistas de Lugo e Pontevedra. E é que neste concello tamén estaban o alcalde do municipio, Carlos López; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a súa homóloga en Pontevedra, Carmela Silva; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e outros cargos socialistas na provincia.

Coa vista posta nas eleccións autonómicas do 5 de abril, o líder do PSdeG-PSOE insistiu en que Galicia "necesita un novo tempo político", porque os galegos "non poden seguir sendo reféns dos recortes" do actual Goberno.

Así, parodiando un dos lemas de precampaña do PP ('Galicia é moito'), Caballero dixo que "Galicia é moito, pero Galicia vai a menos con Feijóo". "Déixanos unha sanidade peor, déixanos unha educación pública peor, déixanos menos atención aos nosos maiores", enumerou o candidato socialista.

O PSDEG, UNHA "GARANTÍA"

Por iso, apostou por que a carreira cara ao 5 de abril sirva para "decidir o futuro" da Comunidade, para o que "o Partido Socialista é a garantía da defensa do Estado do benestar".

Non en balde, xusto unha semana despois da multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago, Gonzalo Caballero apelou á "Galicia real, unha Galicia que quere cambio, unha Galicia distinta á Galicia que quere publicitar e promocionar Feijóo subido ao coche oficial".

Ademais do ámbito sanitario, o candidato do PSdeG-PSOE puxo o foco nos desequilibrios territoriais e cargou contra o "ralentí" no que o PP "meteu ao mundo rural". Por iso, Caballero adquiriu o "compromiso de impulsar o conxunto do país" para que "corra á mesma velocidade".

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, xunto ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomei; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero; na XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, xunto ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomei; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero; na XXIII Feira do Butelo da Fonsagrada.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O botelo seguro que estaba bo... pero os que padecemos as políticas sociais hai 13 anos en Vigo discrepamos totalmente da #DemocraciaBloqueada que practica o PSOE do Caudillo Local e a súa parella de feito na Deputación de Pontevedra ! https://twitter.com/00Gamela/status...