Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/02/2020 | Actualizada ás 17:03
A Asociación O Defensor do Paciente criticou a condena a dous anos de prisión contra un médico do Hospital Montecelo por abusar sexualmente de tres pacientes. "Sae moi barato semellante tropelía", sinalou a súa presidenta, Carmen Flores, nunha carta dirixida ao ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo.
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou en conformidade a dous anos de prisión, tres anos de liberdade vixiada e dous de inhabilitación a este doutor. O xuízo estaba sinalado para este martes, pero non chegou a celebrarse a vista oral porque as partes alcanzaron un acordo.
Así, denuncian que a condena é escasa se se compara coas "penas que se impoñen por agredir a médicos ou insultalos". "A Lei nestes casos non debería permitir semellante acordo, que é lícito, pero prexudica a loita contra as violacións", asegura Flores.
"A Lei ten que condenar con toda a forza, sen paliativos, porque doutra maneira, como dicimos, favorécese ao infractor con semellantes acordos. Na violación non se recortan en penas, pola contra endurécese para que non volva pasar", reclama.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.