Sabes cales son os nomes de nenas e nenos máis comúns en Galicia nesta década?

E cales cres que son os nomes en galego máis preferidos?

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2024 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

Os tres nomees de nenas máis postos en Galicia entre as nadas na década dos anos 20 son Sofía, Noa e Martina, mentres que no caso dos nenos encabezan a lista Mateo, Martín e Hugo.

Así se observa na estatística de 'Nomes e apelidos da poboación' que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres. Aínda que os últimos datos dispoñibles de nomes de recentemente nados son os de 2022 (xa publicados o pasado mes de setembro), nesta análise pódese observar a evolución de nomes máis de moda en función das décadas.

Deste xeito, atrás queda o 'top' 3 de nomes que dominaron a década dos 2000: Pablo, Alejandro e Daniel. Ningún dos tres atópase xa na clasificación dos 10 primeiros nos anos 20. Os mesmo ocorre cos dos anos 90 (Adrián, David, Daniel), xa desaparecidos entre os máis predominantes.

Se se toman como referencia os nomes de orixe galega entre os nados nos anos 20, hai que baixar na lista ao posto nove para atopar ao primeiro, Roi, ao que lle seguen: Xoel (10º), Antón (11º) e Brais (12º).

Entre elas, a Laura, Andrea e María eran os nomes máis comúns nos anos 90, pero desapareceron case por completo entre os 30 primeiros nos anos 20, xa que só se mantén María e faino no posto 28º.

Lucía, Paula e Lara lideraban a primeira década do século XXI, pero só Lucía (6º posto) aparece agora no 'top' 30. Entre os antropónimos de orixe galega obsérvase actualmente a Sabela (18º), Antía (22º) ou Uxía (23º).

Bebé recén nado / Europa Press  / Europa Press
Bebé recén nado / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta