A Xunta quere rehabilitar 2.000 vivendas na Ribeira Sacra

Declara esta comarca como área de rehabilitación integral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Xunta concederá axudas de ata 16.000 euros para a rehabilitacion de vivendas nun total de 25 concellos da Ribeira Sacra que entran dentro da área de rehabilitación integral supramunicipal que acaba de ser declarada polo Executivo autonómico.

A medida foi aprobada polo Consello da Xunta na súa reunión deste xoves e, ademais das axudas aos particulares, tamén contén unha liña de subvencións destinada aos concellos de 2.000 euros por vivenda rehabilitada para facer obra pública.

Diso informou en rolda de prensa o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, que destacou que o obxectivo é rehabilitar ao redor de 2.000 vivendas durante o primeiros dez anos desde a declaración da ARI supramunicipal, sen contar as obras de reurbanización dos consistorios.

A declaración abarca un total de 433 parroquias de 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense, o que supón unha superficie de 3.000 quilómetros cadrados nos que, segundo datos dun estudo previo realizado pola Xunta, o 35 por cento das vivendas atópanse en estado regular e o 5 por cento, en ruínas.

O titular do Executivo autonómico sinalou que a Ribeira Sacra "se caracteriza pola súa dispersión" dos núcleos de poboación e por contar "con moitas" vivendas "susceptibles" de ser rehabilitadas. Por iso, a Xunta decidiu impulsar unha acción "conxunta" para a rehabilitación de edificios, mellorar a súa eficiencia enerxética, mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade, aumentar a ocupación dos edificios e mellorar as instalacións de auga e enerxía.

Ribeira Sacra
Ribeira Sacra | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta