Xoan Báscuas: "Compromiso será o gran partido nacional galego"

O líder de CxC amosase convencido de que esta formación dará a sorpresa o 21-O xa que neses comicios gañarán "os partidos da casa".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 09/10/2012 | Actualizada ás 02:00

Comparte esta noticia

Xoán Bascuas é un home pequeno pero de forte convicción. É breve nas repostas. Prefire a reflexión á lingua fácil. É a primeira campaña que fai como líder dunha formación nacionalista de novo cuño. "CxG é a cuarta forza a nivel institucional de Galicia", lembra ao referirse ao poder municipal dunha formación que augura será o "gran partido nacional galego" ao xeito do Scotish National Party.

Un momento da entrevista con Xoán Báscuas/ Sara Torreiro Xoán Bascuas/ Sara Torreiro
Un momento da entrevista con Xoán Báscuas/ Sara Torreiro Xoán Bascuas/ Sara Torreiro

Polo momento, xa conta con dous alcaldes e dúcias de concelleiros. Por iso, está convencido de que Compromiso estará no Pazo do Horreo e que será decisivo para facer unha nova política para os cidadáns. A ruptura co BNG, di, xa é cousa do pasado.

Galicia Confidencial. É a tua primeira campaña como candidato, como a estás levando?

Xoán Báscuas. A verdade é que ben. Estou moi ilusionado, moi entusiasmado e con moito ánimo. Estamos facendo unha campaña novidosa que á xente lle está a gustar e que nos está permitindo darnos a coñecer que é o importante.

GC. E este darse a coñecer parece que funciona. Algunhas enquisas din que entrades no Parlamento. Estes datos coinciden cos que manexa Compromiso?

XB. As enquisas débennos ocupar pero non preocupar porque ao fin e ao cabo sería soberbio facer elucubracións dun resultado que se vai coñecer o 21 de outubro. O que temos que facer é traballar e punto, e non deixarse levar por enquisas, aínda que lle prestemos atención porque marcan tendencias.

GC. A tendencia que marcan é que hai boas perspectivas en Ourense. Esta provincia é clave para vós nestes comicios?

XB. Claves serán as catro porque as dificultades que temos nunhas pola lei electoral non as temos noutras. Pero, con todo, as eleccións son moi abertas e pode pasar absolutamente de todo e hai un escenario aberto para que forzas como a nosa teñan resultados bos.

Relacións co BNG

GC. Pero foi en Ourense onde houbo en periodo preelectoral unha baixa moi significativa para o BNG e unha alta importante para CxG como é a do alcalde de Vilar de Santos o que provocou tensións co Bloque. Como están as relacións co BNG?

XB. A nós o que nos preocupa é a relación coa cidadanía. A relación con outras forzas políticas pois deben de ser corteses e normalizadas e, por iso, aspiramos a que a relación co BNG sexa o máis correcta posible. 

GC. Pero, que tal son agora?

XB. Nós non temos ningún problema co BNG, nin entendo que o BNG teña ningún problema con nós.

GC. Con todo, algunhas declacións dos seus líderes semella que indican o contrario. Falan dunha estratexia medida pola vosa parte para ter repercusión pública.

XB. Eu respecto esa opinión pero nada diso é certo. Igual que hai outros concelleiros que se foron incorporando a CxG e non tiveron o mesmo impacto e incidencia. Ben é certo que estamos falando do alcalde máis votado do país e, claro, iso ten a súa trascendencia. Pero é normal que iso trascenda pero non hai ningún ánimo de facer dano, senón que é un proceso que caracteriza a CxG que é o de saber sumar.

GC. Sen embargo, este proceso de suma do que falas ven doutro de resta que tivo lugar na última Asemblea Nacional do BNG da que saíron, precisamente, Máis Galiza, agora en CxG, e Encontro Irmandiño, agora en Alternativa Galega de Esquerdas. Como pode interpretar o votante que agora haxa tres formacións onde antes só había unha?.

XB. A xente non nos pregunta de onde vimos, senon cara a onde imos e as respostas e as alternativas que temos. CxG está participado por doce grupos e só un procede do BNG e hai xente que ten distintas procedencias e, agora, a gran maioría de xente que participa en Compromiso procede doutras forzas políticas e polo tanto non ten sentido removendo en cousas que non teñen ningunha importancia para a cidadanía.

E logo hai quen fala do voto útil do nacionalismo. Antes non había trasvase de votos e precisamente a aparición de novos partidos dá lugar a que haxa máis apertura de opcións políticas e onde o voto pode ser máis útil aínda.

"O partido nacional galego"

GC. Falas desas novas opcións como a que representa Alternativa. Hai quen di que queredes construír un partido de centro dereita semellante ao PNV en Euskadi ou CiU en Catalunya?

XB. Pero onde está que Compromiso sexa un partido de centro-dereita?

GC. Un dos seus candidatos procede do Partido Popular...

XB. Pero como dis é un só e está integrado nunha corrente de xente que saíu do BNG antes de que o fixera Máis Galiza e que eran do BNG... O que se trata de dicir con esa comparación é que Compromiso pode representar en Galicia o que xa representan en Euskadi e Catalunya, PNV e CiU, respectivamente, é dicir, un gran partido nacional galego. Xa postos a comparar podía compararse co Scotish National Party que é un partido de centro-esquerda.

GC. Xa vimos que unha das primeiras medidas postas en marcha por CxG é a sinatura dun compromiso de rexeneración democrática. Cales son os obxectivos que buscades nestes comicios?

XB. Efectivamente. Firmamos un documento de esixencia ética e radicalidade democrática porque entendemos que a política é un servizo público á cidadanía. Precisamente, Compromiso foi o único dos partidos cuxos candidatos saíron das bases. Non é patrimonio da súa dirección. 

Como segunda idea clave está a defensa do estado do benestar e dos servizos socias e, finalmente, o avance no autogoberno de Galicia xa que estamos a ver como isto sempre foi un xogo para Feijóo.

GC. Ousexa que se teñen posibilidades de decidir un goberno de esquerdas se non hai maioría absoluta do PPdeG van poñer estas esixencias enriba da mesa?.

XB. Por suposto.

GC. Entón, entraría a formar parte dese novo goberno?

XB.Nós o que queremos agora é traballar firmemente para acadar os mellores resultados electorais posibles. Non estamos aquí co obxectivo de botar a ninguén senón ao servizo da cidadanía. Outros xa din que están para "facerlle fronte ao PP" ou "que hai que botalos". Nós non. Nós queremos ser a voz da cidadanía para cambiar as politicas actuais, non os gobernos.

CG. Pero pactarían ou non pactarían?

XB. Penso que xa o deixei claro na anterior resposta.

GC. Preguntollo doutro xeito. Pactarían logo co PPdeG?

XB. Non.

O futuro do nacionalismo

GC. Unha das fendas abertas logo da asemblea do BNG foi, tamén, a desunión do nacionalismo. Finalmente, CxG foi só e Anova pactou con EU. Hai posibilidade dun futuro entendemento entre estas dúas formacións?

XB. O pasado, pasado está e a cidadanía xa non lle importa. O diálogo sempre está aí. Eu nunca pechei as portas a ninguén e non llas vou a pechar agora.

GC. E cal é o futuro de CxG se non acada representación parlamentaria?

XB. Compromiso está traballo para ter presencia na Cámara galega. Xa ten presencia na rúa que está sendo decisiva. Se queremos ser ese gran proxecto político nacional temos que tomalo con tempo e non se vai solucionar nunhas autonómicas.

GC. Supoño que o voso forte son as municipais xa que tedes unha gran presencia institucional?

XB. Obxectivamente somos a cuarta forza en número de concelleiros e alcaldes. Con nós están o alcalde de Maceda, o de Vilar de Santos e falta a que se decida o de Narón. E logo temos moitos concelleiros repartidos por todo o País. Nalgúns concellos ata somos a segunda forza xa. 

GC. E que opinas dos debates a tres que exclúen ao resto das formacións?

XB. É unha pena o que está a acontecer e que iso, ademais, o fagan os medios públicos deste país que pagamos todos do noso peto. O que está claro é que eses medios teñen que reflexar a pluralidade existenten neste País e, polo de agora, non están facendo. Un debate no que participemos todos sería o máis democrático e o que pedirían os cidadáns para estar representados.

GC.E xa para rematar. Dime a túa quiniela?

XB. Un 1. Van gañar os equipos da casa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 125 comentarios

21 BNG+CxG = ERC+CiU

Se ben é certo que se vía necesaria a aparición dunha outra vía á dereita do BNG que puidese apañar voto nacionalista/galeguista de xente que non adhire os postulados ideolóxicos do Bloque, nin a estrela vermella na bandeira, nin o topónimo Galiza, quizais todo se fixo de maneira moi precipitada. É evidente que o BNG NUNCA poderá gobernar este país, a pesar da súa grande importancia social, xa que a solución para un goberno xenuinamente galego pasa por moderar un pouco o discurso, nun país tan conservador como o noso. Aí pode ter o seu sitio CxG de cara o futuro (e oxalá sexa así). Pero eu, como non quero tirar ao lixo o meu voto (xa que o máis seguro é que non obteñan representación), apoiarei ao Bloque. [O de Beiras co PCE non o entenderei na vida].

1 analise

Intelixentes palabras dun galego de Nación. Eu farei o mesmo

2 Soliña

Estou de acordo. Nun país normalizado políticamente, socialmente e concienciado na súa esencia de nación sería o máis factible. Hoxe en día, non. Comida para hoxe, fame para mañá, iso é esa alianza entre os comunistas españois de IU cos independentistas de Anova.

3 Xanti

Eu votarei por CxG, xa que en Ourense pode apañar un escano segundo algúns inquéritos. Pero comprendo 100% a túa postura.

4 Toni B.

Por fin un comentario sen resentementos e ben lúcido. Comparto plenamente o que dicides, pero eu apoiarei a CxG porque non vexo a utilidade de votar ao BNG nestes momentos. Creo que o importante é que se consolide outra opción nacionalista. Así, entre BNG e CxG poida que algún dian academos un presidente nacionalista. O de Beiras non ten nin pes nin cabeza.

5 Pomponio

A min o do voto útil non me serve. O da concentración do voto... para iso concentracións parcelarias. E o de que é unha tolemia que haxa varias candidaturas nacionalistas, quen o pense que retire a súa. Apoiarei a CxG por que hai que mudar as cousas, e porque cando se adopta unha decisión como a de saír do BNG hai que facelo con todas as cosnecuencias. Motivos había moitos, e o camiño non ten volta.

6 BCEv

SUMAR PARA VENCER, CONCENTRAR O VOTO NO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, NON ESCOITEDES CANTICOS DE SEREAS QUE ANUNCIAN PROXECTOS PERSONALISTAS FRACASADOS QUE SON A EXPRESIÓN DE INUTILES DESEXOS PARA DARLLE UNHA PATADA AS METIRAS DE FRIJOLES E OS RECORTES DE MARIJUANO, VOTA UTIL VOTA BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, VOTA BNG, LEMBRADE CONCENTRAR SUMA DIVIDIR RESTA (REGRA D'ONT)

7 dadesmedo

Andas deseperado ouh! ACOUGA RAPAS" Ou peligrache o choio? Sodes de escapar e non mirar para atrás. Non vos voto nen tolo. Dades mais medo que o PP. Eles tamén queren ser partido único.

20 Perrecha Papuda

Uhhyyy canto medo lle teñen alguns a outras formacions politicas... coma Compromiso... sera por eso que os ignoran en algunha que outra publicacion????.... . Creo que este proxecto vai polo bo camiño.... en sintonia con moita xente que estaba sen opcion politica en Galiza...por mais que lle pese a BNG...Aimerychhdh, Beiras, o PPSOE... e moitoos mais.

1 Votarei BNG

Falamos despois das eleccións...e se queres despois das municipais. E cho di un do BNG, lémbrate. Non é o momento de aventuras mentres o pobo galego non teña asumido a súa condición de nación.

2 Fago dano

O de sempre. Non saio da miña consigna: fago dano e téñenme medo. Pero acabo de apropiarme de máis de dous millóns de euros de todos os galegos e logo pecho a empresa despedindo a todos os traballadores

3 Pomponio

Coido que non é tempo de Nación, e si de Ración. A xente está no paro e quere xantar tódolos días. Alomenos tres veces.

4 Nentolovosvoto

A eles a Nación sevelhe para a Racióm. Ou non vos lembrades cando o seu candidato a Presidente defendeu a aquel diputado de Ourense que saiu dicindo que con 5000 euros as pasaba canutas. El dixo que despois dos gastos que lhe acarreaba o cargo, cobraba como un profesor de instituto. Valiente cara!

19 Viaxe ao país dos ananos

Me quedo co encabezamento, Bascuas é un home pequeno...cativo...insignificante.

1 Arquiveiro

Xa, é que Feijoo e Pachi son seres imponentes verdade?

2 Coimbra

Digamos que esos xunto con Beiras son unha viaxe a España dos pequeniños.

3 Pomponio

Si, para grande Jorquera, para impoñente Paxo Rodríguez, e exhuberante Ana Pontón

18 Razones de peso

Ejemplo de trincasubvenciones gallegos comprometidos con Galicia: La familia Cuiña liquida una empresa tras lograr más de dos millones en ayudas públicas... http://www.economiadigital.es/gles/... Ya sabéis: todo por Galicia. Somos galleguistas/nacionalistas/peperos/socialdemócratas/comunistas(si nos dejan)/franquistas o progresistas. Todo por la pasta galega

17 Toñi Vieiras

Cayo Lara, outro que despeza aos galegos e galegas "tengo la idea de que el gallego es como muy callado, en el sentido de tener cosas en la cabeza que a veces les cuesta expresar o trasladar al exterior" Marchosos Go Home

1 Totiño

Yo como tú Toñito, DE FRENTE por la unidad de España con el amigo Rubalcaba, que una cosa es la ideología y otra el dinero, la ideología te la puedes meter en el ...pero la pasta es la pasta.

2 ParalaToñi

Pero que ben vos sirviu para que vos empreste diputadinhos en Madrid, para que trinquedes mais. Todo por la pasta!

3 ParalaToñi

Pero que ben vos sirviu para que vos empreste diputadinhos en Madrid, para que trinquedes mais. Todo por la pasta!