Xoan Báscuas: "Compromiso será o gran partido nacional galego"

O líder de CxC amosase convencido de que esta formación dará a sorpresa o 21-O xa que neses comicios gañarán "os partidos da casa".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 09/10/2012 | Actualizada ás 02:00

Comparte esta noticia

Xoán Bascuas é un home pequeno pero de forte convicción. É breve nas repostas. Prefire a reflexión á lingua fácil. É a primeira campaña que fai como líder dunha formación nacionalista de novo cuño. "CxG é a cuarta forza a nivel institucional de Galicia", lembra ao referirse ao poder municipal dunha formación que augura será o "gran partido nacional galego" ao xeito do Scotish National Party.

Un momento da entrevista con Xoán Báscuas/ Sara Torreiro Xoán Bascuas/ Sara Torreiro
Un momento da entrevista con Xoán Báscuas/ Sara Torreiro Xoán Bascuas/ Sara Torreiro

Polo momento, xa conta con dous alcaldes e dúcias de concelleiros. Por iso, está convencido de que Compromiso estará no Pazo do Horreo e que será decisivo para facer unha nova política para os cidadáns. A ruptura co BNG, di, xa é cousa do pasado.

Galicia Confidencial. É a tua primeira campaña como candidato, como a estás levando?

Xoán Báscuas. A verdade é que ben. Estou moi ilusionado, moi entusiasmado e con moito ánimo. Estamos facendo unha campaña novidosa que á xente lle está a gustar e que nos está permitindo darnos a coñecer que é o importante.

GC. E este darse a coñecer parece que funciona. Algunhas enquisas din que entrades no Parlamento. Estes datos coinciden cos que manexa Compromiso?

XB. As enquisas débennos ocupar pero non preocupar porque ao fin e ao cabo sería soberbio facer elucubracións dun resultado que se vai coñecer o 21 de outubro. O que temos que facer é traballar e punto, e non deixarse levar por enquisas, aínda que lle prestemos atención porque marcan tendencias.

GC. A tendencia que marcan é que hai boas perspectivas en Ourense. Esta provincia é clave para vós nestes comicios?

XB. Claves serán as catro porque as dificultades que temos nunhas pola lei electoral non as temos noutras. Pero, con todo, as eleccións son moi abertas e pode pasar absolutamente de todo e hai un escenario aberto para que forzas como a nosa teñan resultados bos.

Relacións co BNG

GC. Pero foi en Ourense onde houbo en periodo preelectoral unha baixa moi significativa para o BNG e unha alta importante para CxG como é a do alcalde de Vilar de Santos o que provocou tensións co Bloque. Como están as relacións co BNG?

XB. A nós o que nos preocupa é a relación coa cidadanía. A relación con outras forzas políticas pois deben de ser corteses e normalizadas e, por iso, aspiramos a que a relación co BNG sexa o máis correcta posible. 

GC. Pero, que tal son agora?

XB. Nós non temos ningún problema co BNG, nin entendo que o BNG teña ningún problema con nós.

GC. Con todo, algunhas declacións dos seus líderes semella que indican o contrario. Falan dunha estratexia medida pola vosa parte para ter repercusión pública.

XB. Eu respecto esa opinión pero nada diso é certo. Igual que hai outros concelleiros que se foron incorporando a CxG e non tiveron o mesmo impacto e incidencia. Ben é certo que estamos falando do alcalde máis votado do país e, claro, iso ten a súa trascendencia. Pero é normal que iso trascenda pero non hai ningún ánimo de facer dano, senón que é un proceso que caracteriza a CxG que é o de saber sumar.

GC. Sen embargo, este proceso de suma do que falas ven doutro de resta que tivo lugar na última Asemblea Nacional do BNG da que saíron, precisamente, Máis Galiza, agora en CxG, e Encontro Irmandiño, agora en Alternativa Galega de Esquerdas. Como pode interpretar o votante que agora haxa tres formacións onde antes só había unha?.

XB. A xente non nos pregunta de onde vimos, senon cara a onde imos e as respostas e as alternativas que temos. CxG está participado por doce grupos e só un procede do BNG e hai xente que ten distintas procedencias e, agora, a gran maioría de xente que participa en Compromiso procede doutras forzas políticas e polo tanto non ten sentido removendo en cousas que non teñen ningunha importancia para a cidadanía.

E logo hai quen fala do voto útil do nacionalismo. Antes non había trasvase de votos e precisamente a aparición de novos partidos dá lugar a que haxa máis apertura de opcións políticas e onde o voto pode ser máis útil aínda.

"O partido nacional galego"

GC. Falas desas novas opcións como a que representa Alternativa. Hai quen di que queredes construír un partido de centro dereita semellante ao PNV en Euskadi ou CiU en Catalunya?

XB. Pero onde está que Compromiso sexa un partido de centro-dereita?

GC. Un dos seus candidatos procede do Partido Popular...

XB. Pero como dis é un só e está integrado nunha corrente de xente que saíu do BNG antes de que o fixera Máis Galiza e que eran do BNG... O que se trata de dicir con esa comparación é que Compromiso pode representar en Galicia o que xa representan en Euskadi e Catalunya, PNV e CiU, respectivamente, é dicir, un gran partido nacional galego. Xa postos a comparar podía compararse co Scotish National Party que é un partido de centro-esquerda.

GC. Xa vimos que unha das primeiras medidas postas en marcha por CxG é a sinatura dun compromiso de rexeneración democrática. Cales son os obxectivos que buscades nestes comicios?

XB. Efectivamente. Firmamos un documento de esixencia ética e radicalidade democrática porque entendemos que a política é un servizo público á cidadanía. Precisamente, Compromiso foi o único dos partidos cuxos candidatos saíron das bases. Non é patrimonio da súa dirección. 

Como segunda idea clave está a defensa do estado do benestar e dos servizos socias e, finalmente, o avance no autogoberno de Galicia xa que estamos a ver como isto sempre foi un xogo para Feijóo.

GC. Ousexa que se teñen posibilidades de decidir un goberno de esquerdas se non hai maioría absoluta do PPdeG van poñer estas esixencias enriba da mesa?.

XB. Por suposto.

GC. Entón, entraría a formar parte dese novo goberno?

XB.Nós o que queremos agora é traballar firmemente para acadar os mellores resultados electorais posibles. Non estamos aquí co obxectivo de botar a ninguén senón ao servizo da cidadanía. Outros xa din que están para "facerlle fronte ao PP" ou "que hai que botalos". Nós non. Nós queremos ser a voz da cidadanía para cambiar as politicas actuais, non os gobernos.

CG. Pero pactarían ou non pactarían?

XB. Penso que xa o deixei claro na anterior resposta.

GC. Preguntollo doutro xeito. Pactarían logo co PPdeG?

XB. Non.

O futuro do nacionalismo

GC. Unha das fendas abertas logo da asemblea do BNG foi, tamén, a desunión do nacionalismo. Finalmente, CxG foi só e Anova pactou con EU. Hai posibilidade dun futuro entendemento entre estas dúas formacións?

XB. O pasado, pasado está e a cidadanía xa non lle importa. O diálogo sempre está aí. Eu nunca pechei as portas a ninguén e non llas vou a pechar agora.

GC. E cal é o futuro de CxG se non acada representación parlamentaria?

XB. Compromiso está traballo para ter presencia na Cámara galega. Xa ten presencia na rúa que está sendo decisiva. Se queremos ser ese gran proxecto político nacional temos que tomalo con tempo e non se vai solucionar nunhas autonómicas.

GC. Supoño que o voso forte son as municipais xa que tedes unha gran presencia institucional?

XB. Obxectivamente somos a cuarta forza en número de concelleiros e alcaldes. Con nós están o alcalde de Maceda, o de Vilar de Santos e falta a que se decida o de Narón. E logo temos moitos concelleiros repartidos por todo o País. Nalgúns concellos ata somos a segunda forza xa. 

GC. E que opinas dos debates a tres que exclúen ao resto das formacións?

XB. É unha pena o que está a acontecer e que iso, ademais, o fagan os medios públicos deste país que pagamos todos do noso peto. O que está claro é que eses medios teñen que reflexar a pluralidade existenten neste País e, polo de agora, non están facendo. Un debate no que participemos todos sería o máis democrático e o que pedirían os cidadáns para estar representados.

GC.E xa para rematar. Dime a túa quiniela?

XB. Un 1. Van gañar os equipos da casa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 125 comentarios

11 Lenguda

O pior do BNG foise con CxG, os do Bloque deberíanlle facer un monumento e estárenlle eternamente agradecidos, porque grazas a eles agora poden esgrimir campaña retro anos 70, de insurxencia e poder popular. Mais aínda hai moitos dentro do BNG desta tipoloxía, que manteñen poder e influencia. Estou convencido de que CxG non terá nin de lonxe o percorrido que tivo Coalición galega. Aguantará ata as municipais, que onde se queren ver moitos deles, e co fracaso: cada un para a súa casa.

1 Arquiveiro

"insurxencia e poder popular"? Lenguda, pon esto no teu programa eleitoral e verás os votos que tés... Non sei se CxG vai ter o mesmo percorrido que CG, pero hai que empezar

2 White Crow

... os que non chegarán ao Nadal serán o Beiras e os seus "mariachis"...

10 Naidetres

Mi madriña!, con Rafa Cuiña, qué panorama tan desalentador...

1 Arquiveiro

Non vexo porque...

9 observador

Os medios non informan da campaña de CxG, lamentablemente. Mais tampouco CxG informa nas súas webs dos seus actos. Eu non vin ningún mitin, fotos da asistencia ós actos.. soa a campaña dun partido sen base social ningunha onde apoiarse. E así?. Alguén pode pasar información de asistencia a actos de CxG?. AGE desde logo amosa ter unha campaña con asistencia de xente, base social, a veces máis que algún partido maioritario...

1 Juan Pedro

Claro que informan de la actividades de los de CxG en el juzgado de Ourense. De los actos que realizan los de CxG no hablan nada porque no va casi nadie, ni pagando los bocadillos

2 Pomponio

Si, efectivamente, cando se vai a visitar ao exconcelleiro de seguridade de Ourense, ou ben para ver como van as contas de carrumeiro

3 propio

Non calaredes? Compromiso non está facendo continuamente actos ególatras de mitins e actos onde só vai a súa militancia por envío masivo de emails, etc. Compromiso está facendo unha campaña a pé de rúa, coñecendo e falando ca xente. Haberá mítins, claro que os haberá. Pero existen outras fórmulas que pasan por escoitar aos cidadáns que van pola rúa, escoitar aos diferentes sectores un por un, etc. A ver se poque os demais sigades facendo a mesma política de sempre, nós temos que seguirvos na vosa debacle.

4 Black Crow

¿Qué los medios no informan sobre CxG? Ahora mismo hablo con Alberto para que haga un par de llamaditas. Tal como están las cosas este es un error estratégico que no nos podemos permitir.

5 observador

Pois se escoitades ós cidadáns e ós diferentes sectores. Podías tamén escoitarme a mín, non?. E dicirme onde podo informarme de actos de CxG para poder asistir...Sobre mandarme calar, home, verá vostede, a min non me manda calar ninguén.. faga o favor..

6 Xanti

Observador, xa llo digo eu a eles. Pero de momento por facebook e twitter e por onde vexo eu que mais se moven, pero tes razón, é un erro que na páxina web non se vexa. De todos os xeitos hai unha pestaña na páxina web que se chama "novas electorais" coido, alí aparecen os twitts cos actos e as entrevistas que recollen os candidatos.

7 Compromiso por Galicia

Observador, como ben di Xanti, estase a facer un esforzo por publicar os actos tanto en FB como en twitter. Nestes intres estase a ultimar un calendario no que se poderán consultar os diferentes actos que se levarán a cabo polas provincias. Se ben é certo que se envían notas de prensa diarias cos diferentes actos que sucederán, pedimos desculpas polo erro de non ter actualizado a web con dita información. Pedimos a vosa consideración, xa que pretendemos dar unha cobertura o máis ampla posible á campaña cos medios de que dispomos e adicando moito tempo libre.

8 Black Crow

¿Pero que carallo de esforzo fai falta para publicar en twitter ou facebook? ¿Vos pensades que a xente é parva ou qué?

8 observador

CxG non é a cuarta forza política de Galicia. Porque inda non se presentou a ningunha elección. Os cargos que ten CxG non se presentaron por esa forza, asi que os cidadáns volvan a votar nas municipais falaremos. Triste é que este señor fale de rexeneración da política con estos vimbios. Por agora só hai un sindicato de concelleiros tránsfugas. Non son o único cidadán que pensa así señor Bascuas. De todos xeitos concordo en que fai falla unha forza de centro nacionalista que compita co PPdG, iso é obvio. Ogallá sexa CxG esa forza. Deséxolles por iso moitos votos.

1 White Crow

.... de concelleiros transfugas, de ex-altos cargos do BNG, e outras lindezas.....

7 Prisciliano

Mala entrevista. En Ourense todo el mundo está escandalizado desde que se sabe que los mafiosos del Caso Paneles ya están en CxG: Sánchez Vidal, García Mata y Cortón. En el BNG los echaron pero encontraron acomodo rápido en Compromiso. Cualquier día de estos saldrá la sentencia y los dirigentes de ese partido quedarán con el culo al aire después de tanta firma ante notario sobre su dimisión en caso de imputación judicial

1 Pomponio

tes razón, preferiron quedar cos carrumeiros e os asalta buses de O grove

2 Xanti

Menuda patraña, Sánchez Vidal non está en Compromiso está na AGE, e que eu saiba o que se firmou é que ningún imputado podía estar nunha candidatura electoral, ou ocupar ningún cargo. Ben, todo iso se cumpre, tanto Ana Garza coma Xose Carballido son afiliados, nada mais. E ademais, mentres non se demostre o contrario todo o mundo é inocente. E non digas que todo Ourense está escandilizado porque é unha trola brutal.

3 Ray Suárez

Fichad a Dorribo & Cía, que todavía son inocentes

4 anonimo

Que digas que Sanchez Vidal está en AGE pareceme unha falsidade. Eu estou en AGE e non sei de tal cousa.

5 Veropaisquetemos

Xa está ben de acusar polo caso dos paneis. De verdade credes que hai enriquecimento persoal neste caso? Xa o dicia Franco, no te metas en politica que son todos iguales... Ánimo CxG, dentro dun ano, se continuades na liña que levades, non voltaremos ver unha maioria absoluta do PPdG.