Os problemas laborais e de xestión de La Voz

Visto para sentenza o xuízo contra o xornal coruñés polo despedimento da secretaria de dirección. La Voz alega problemas económicos a pesares de que as perdas foron de 3,5 millóns, a maior parte para indemnizar as baixas dos traballadores.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 10/10/2012 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Ven de celebrarse a vista oral do xuízo polas dúas denuncias presentadas por unha das secretarias de dirección de La Voz de Galicia SA, Isolina Patricio, que reclama despedimento nulo e acusa aos responsabeis do xornal de acoso laboral. A vista, que se prolongou máis de cinco horas, tivo lugar este martes día 9, no Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia
Xosé Luis Vilela, director de La Voz de Galicia | Fonte: lavoz.es

A traballadora recibiu a notificación do despedimento en xaneiro deste ano, despois de rexeitar doce meses antes unha invitación verbal da empresa para pactar a súa marcha cunha indemnización de 76.000 euros. En paralelo, segundo a denunciante, desde o 2007 foi vítima dunha progresiva marxinación profesional, de xeito que pouco a pouco foi reconvertida nunha especie de ordenanza de redacción.

Pola súa banda, durante a vista o director do xornal, Xosé Luis Vilela, e a directora de relacións laborais do Grupo Voz, María Velázquez, negaron as acusacións alegando que os problemas entre a traballadora e a empresa da traballadora serían froito de que ela non superou a morte do seu home (ocurrida no 2002, cinco anos antes de que comenzara o acoso laboral denunciado), o que segundo os responsabeis do xornal sumiu á viuva nunha depresión que aínda hoxe non tería superada.

Razóns económicas

Nembargantes, en paralelo e durante a vista, a empresa tamén xustificou o despedimento por razóns económicas derivadas do descenso das ventas e dos ingresos por publicidade que acusa o rotativo. De feito, esa é a única causa que figura na notificación que no seu día recibiu a traballadora.

Pola súa banda, as cinco testemuñas que aportou o avogado da denunciante coincidiron en que si se produciu un proceso de marxinación presuntamente  premeditada e planificada. Con anterioridade a súa fichaxe por La Voz de Galicia en 1985, Isolina Patricio exerceu como secretaria de dirección da refinería coruñesa de Petrolíber (hoxe Repsol). 

O xuízo de onte tiña especial significado para o Grupo Voz e tamén para os traballadores debido a que a denunciante foi unha das dúas personas de máxima confianza de catro directores consecutivos do xornal, ao mesmo tempo que exercían de coordinadora da relación administrativa entre a dirección da redacción e o editor, Santiago Rey Fernánez-Latorre, ou ben o seu fillo Emilio Rey Berguer, que substituíu ao primeiro a finais dos noventa e ate o 2001, cando foi expulsado da empresa polo seu pai.

Durante o xuízo quedou probado que o despedimento adoleceu de varios erros procedimentais, entre os que destaca que fora comunicado durante unha baixa por enfermidade da traballadora, motivo polo que o seu avogado solicita a nulidade.

Paradoxa económica

Con relación ás razóns económicas para o despedimento que alega a empresa, as cifras expostas durante o xuízo demostran que dos 3,5 millóns de euros de perdas que declarou o xornal durante o 2011, 2,5 millóns corresponderon ao custe dos acordos por baixas voluntarias que acadou a sociedade con numerosos traballadores durante ese ano, no marco do proceso de recurtes de plantilla que aínda hoxe non está pechado.

O despedimento da secretaria de dirección e das chamadas “baixas incentivadas” rexistradas no que vai do 2012 (nas que aos empregados se lles ofrece una indemnización, ou alternativamente ir a xuízo por despedimento) se deben a que no acordo asinado pola empresa e o comité dos traballadores para o período 2009-2012, ambos os dous incluídos, figura unha claúsula pola que a empresa pode rachar co compromiso de non facer despedimentos no caso de que as perdas superaran os 3 millóns de euros durante o 2011; exercicio no que o déficit superou ese límite debido a que o 71% das perdas declaradas foron froito, paradoxalmente, do custe dos acordos acadados para reducir plantilla.

O xuízo quedou visto para sentenza, que fontes xurídicas estiman que se fará pública antes de rematar este mes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

17 Luis H. J.

Estoy de acuerdo en casi todo lo que dicen los comentarios, pero lo más vergonzoso es que la empresa recurra a la muerte de un familiar. Solo por eso a partir de hoy dejo de comprar la Voz, no la compro a diario, pero lo hacía 3 o 4 veces. Se acabó. Me siento asqueado.

1 Antón

Todo lo dicho aquí demuestra que todavía nos queda solidaridad y empatía. A todos menos a los directivos de La Voz. Esperemos que la justicia haga su trabajo y no se deje influenciar por el "poderío" de la empresa

16 Pepe Patiño

Estamos en época electoral í é posible que o próximo 21 de Outubro poda haber dúas eleccións: Si botamos a Feijóo fora, tamém acabaremos ca Voz é ca súas malas prácticas. A Voz sin Feijóo non existiría é Feijóo sin A Voz tampouco. O que aquí se describe que fixo a Voz é o mismiño que fai Feijóo. Calquer cousa vale para conservar o poder. De nos depende, FEIJOO FORA, FORA A VOZ

15 XAN VAZQUEZ

FAI FALLA SER SINVERGONZAS E MALAS PERSOAS,PRA UTILIZAR A UNHA PERSOA FALECIDA, PRA ACUSAR A UNHA TRABALLADORA (A SUA VIUDA)DA SUA FALLA DE LEALTADE A UNHA EMPRESA,SE PODESE CHAMAR ASÌ,NA QUE DEIXOUSE CASI TODA A VIDA,DEFENDENDO O INDEFENDIBLE E DEIXANDOSE A PEL PO-LOS MESMOS QUE A DIA DE HOXE A DENIGRAN DE ESTA MANEIRA.TEDES SORTE DE QUE SEXA TAN BOA PERSOA,QUE SI FORA EU HABERIA DE TRATAROS IGUAL QUE O FIXECHEDES VOS CON ELA.¡SINVERGONZAS,VILELA DIMISIÒN!

14 MONCHO RATO

¡HAI QUE QUITARLLE TODO-LOS TITULOS HONORIFICOS AO DONO DA VOZ DE GALICIA AO IGUAL QUE A XOSE LUIS MENDEZ,POR NON REPRESENTAR PARA NADA A OS GALEGOS E GALEGAS DE BEN!

13 REMIXIO

ESTOU ESPERANDO OUTRO ARTIGO,MARSISTA-LENINISTA DE D.JUAN FERNANDEZ LATORRE,FALANDO DE TODO-LOS DEMOS QUE TEN ESTE PAIS,DENDE BANQUERIROS ATA PARTIDOS POLITICOS(DOS CALES EL NUTRESE)PRA TER CARTOS PRA DESPEDIR AOS TRABALLADORES-AS,DO SEU PEQUENO IMPERIO,SUBVENCIONADO ATA AS CACHAS PO-LOS QUE EN ESE MOMENTO TEÑAN O PODER,DANDOLLE IGUAL DO SIGNO QUE SEXAN¡ FAI FALLA TER CARA E POUCA VERGOÑA,PRA ESCRIBIR SEMELLANTES ARTIGOS,TANDO FACENDO EL O MESMO OU PEOR!

1 Fernando I. V.

Gustóume o de "marsista-leninista", aínda que o xeito máis exacto de definir a liña do propuetario da Voz é "marianista-lenocinista"