O BNG busca o seu camiño

Logo da ruputura que supuxo a Asemblea Nacional de xaneiro, os nacionalistas se presentan ante o lectorado tentando apañar o voto útil do nacionalismo. Apostan por un novo pacto fiscal, a creación dunha Banca pública e recuperar servizos sociais do bipartito.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/10/2012 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Tras sufrir o peor trienio da súa historia, o BNG chega ás eleccións cunha marca moito máis pura aos ollos dos electores. Fuxiu de tensións e fuxiu de complexos. A ruptura xerou un verdadeiro Bloque, unha formación máis profesionalizada dominada en dous tercios pola UPG que tenta devolverlle as ilusións aos seus votantes.

Jorquera na pegada de carteis
Jorquera na pegada de carteis

En febreiro do presente ano, as cousas eran moi diferentes. O BNG facía augas e, nos plenos non se sabía a que formación pertencían os concelleiros elixidos en maio de 2011. O baile de siglas comezara. Entre a multiplicidade de causas da división, hai unha que destaca por enriba das demais: o fracaso. O BNG fora esgotandose pouco a pouco, chegando á súa asfixia durante o bipartito 2005-2009. 

Como nos barcos destinados ao afundimento, moitos marcharon da nave mentres que outros se amotinaban cruzando acusacións do rotundo fracaso das siglas nacionalistas. O exceso de personalismo motivado por moito galo en moi pouco galiñeiro, dinamitou o status quo. O resto, é historia recente do nacionalismo: ruptura pola esquerda co eterno Beiras, e ruptura pola dereita coa promesa dun nacionalismo inspirado no catch – all party catalán CiU.

E a pesar de todo, o BNG, paso a paso, está preparado para dar batalla e recuperar un goberno progresista. Para iso, elaboraron unhas listas con homes de partido e que asumen o seu rol dentro dun organigrama. Ademais, presentan un programa moi ambicioso - quizais demasiado - que pretende "non ser un conxunto de promesas senón un proxecto de país"

O BNG propón para 2012 un goberno que diga non ao desmantelamento do Estado de Benestar imposto dende Madrid e Bruselas. Os eixes do seu programa son:

Economía produtiva

A busca do emprego por parte do Bloque céntrase en producir máis, para xerar maiores taxas de contratación. O crecemento é a base do seu proxecto. A recuperación do campo, do agro é a aposta central, pois nunha Galicia eminentemente rural, o campo é unha excelente oportunidade de vertebrar territorios abocados á despoboación. A volta do Banco de Terras, a regulación das políticas de concentración parceira, as subvencións aor reinvestimento nas explotacións, o apoio ao sector lácteo e cárnico e un novo impulso á economía forestal son as liñas de actuación que tratará de impulsar o BNG a partir do 21 de outubro.

Regulación da actividade económica

O BNG preséntase como unha formación capacitada para recoller as demandas da cidadanía e frear a perversidade do sistema financeiro. Así, promete unha quita dos beneficios privados da banca para financiar os servizos sociais, ou impulsar a progresividade real dos impostos para que se cumpra a máxima de que paguen máis os que máis teñen" a través dun novo tramo de IRPF.

En canto á problemática das preferentes, a actuación do Bloque iría encamiñada a suprimir o RD-Leus 24/2012 para que se devolva integramente o importe "roubado" polos banqueiros.

A aposta máis arriscada por innovadora que presenta o programa do partido galeguista é a creación dunha Banca Pública que funcione para dar crédito á economía produtiva e que prohiba a versión especulativa desta.

Defensa dos servizos sociais

Dado que a educación e a sanidade son competencias transferidas ás comunidades autónomas, o BNG considera unha inxerencia do Estado a regulación destas materias. Grazas ao articulado legal vense capacitados para rexeitar os recortes nos principais servizos sociais. En resumo, o Bloque propón recuperar Preescolar na Casa, suprimir os concertos cos colexios que segregan por sexos, recuperar a concesión do Hospital de Vigo para que a súa propiedade sexa pública, ou a defensa do aborto libre e gratuíto.

Máis democracia

Os novos repertorios dos movementos sociais fan que os partidos lles realicen continuos acenos prometendo máis e mellor democracia. Así, o Bloque promete devolver a imparcialidade a TVG ou Radio Galega para que non sexa un instrumento ideolóxico senón de información. Ademais, levan no programa a histórica promesa de eliminar as catro deputacións para evitar duplicidades, coas que se calculan que aforrarían 400 millóns de euros.

A ambición do programa electoral do BNG está marcada pola ilusión renovada coa que concorren a estes comicios. Un partido forte para cambiar o modelo político e devolver a Galicia o ton progresista que perdeu en 2009. A capacidade de mobilización dos seus votantes, e mesmo voto útil da esquerda, son as súas principais bazas para chegar ao Hórreo.

Coa colaboración de ODP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

27 Xandokas

A Alternativa Galega de Esquerdas (AGE, que non é OJE) vaille pasar o mesmo que Coalición Galega.- COALICIÓN GALEGA, os da piña, obtiveron 10 deputados; ao día seguinte eran dúas formacións formadas por 5 deputados cada unha.

1 Permui

10 deputados! Que ben.

2 px82

Todo pode ser, pero teño dúas opcións, quedar na casa ou apostar por isa novidade, o que pase logo xa se vera, pero de entrada a Galiza creo que lle presta máis que non quede na casa, de momento aire fresco logo xa teremos tempo de ver si foi un bluf.

26 Pstt

Estou até as bolas dos vosos "Coida a túa linguaxe" en mensaxes sen un insulto nin un taco, insisto que hai mala intención nesta censura, e empezo a creer as tesis que alguén manexou por eiquí de que vos untarón, hoxe non opino máis, maña xa veremos, pero estoú seguro que isto non é acidental porque pasa con frecuencia, coidade vos os vosos filtros, e si queredes seguir sendo un medio con fama de independente, ide coidando istas cousiñas.

1 Galicia Confidencial

O sistema de filtro de palabras é automático e non é perfecto. Tampouco nos gustou ter que implementalo; pero a valoración xeral é que axudou a moderar o diálogo nos foros do GC, nos que unha moi reducida parte dos usuarios insultaba sistematicamente. En todo caso, se hai algunha palabra que penses que debería ser permitida e non formar parte da lista de termos baneados, é tan simple como comentalo aquí ou, como pón arriba, "Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com"

25 A sota de abastos

O titular é moi acertado, buscan "ó seu" camiño, non ó camiño da xente senón "o seu", resolver o seu problema, que non é pequeno, e o demáis xa se ira vendo, a ver si hai sorte e se pillan un par de consellerías pra ir tapando buratiños e seguir satisfacendo as demandas internas de colocación, que non son poucas, o demáis: literatura, xa lles diran os seus socios até onde se pode chegar, porque escrivir e prometer é fácil, cada ún pon o que quere, logo chegado o momento (si fose ó caso, moi difícil por certo) xa se ira toreando ó persoal como se poda, coma sempre, iso sí, o máis importante é o camiño ise que Rubalcaba xa lles marcou, o resto só é marketing ideolóxico, o pobo xa buscara ó seu camiño, que remedio lle queda

24 Lidia R.

Ah: e no nivel dos foros onde discuten nacionalistas pode percibirse algunha das causas do fracaso socioelectoral do nacionalismo. Si, puxen fracaso. Moita xente só sabe insultar e repetir consignas.

1 Pstt

É verdade, o peor enemigo dun nacionalista é outro nacionalista, pero isto venche de vello, é tén moi difícil solución.

2 Perico Pallotti

O mellor amigo dun marulo é outro marulo, aínda que sexa para se arrear. O nacionalismo non ten que ver necesariamente con insultar e repetir consignas. Saúde.

23 Lidia R.

Vaiamos asimilando estas realidades: 1. Feijoo aumentará a súa maioría absoluta. 2. Botar a culpa aos votantes é continuar asinando máis maiorías absolutas do PP. 3. PSOE e BNG terán que refundarse e/ou revisar a fondo as estratexias e sobre todo as caras se non queren acabar sendo marxinais. 4. AGE terá bos resultados, pero o único interesante do seu "éxito" é a capacidade de dous proxectos diferentes para concorrer xuntos. Ou seguimos sumando ou iso, que botaremos a culpa aos votantes.

1 lemés

Concordo 100%. O problema non está só no PP, señores do PSOE e BNG mírense no espello.

2 EGO SUM

Concordo o 101%. Pero a pesar de que o vexamos moitos(eu vou votar BNG)eles o día 21 pola noite e despois do fracaso que nos agarda dirán que son uns fenómenos e seguirán... igual que decía un amigo meu "coa mesma leria pero con algo máis de bombo". Saúdos