O Concello da Coruña avanza no borrador de convenio sobre a intermodal

Prevén que nun par de semanas estea ultimado.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/02/2020 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña prevé que "nun par de semanas" estea ultimado o borrador do convenio de colaboración entre esta administración, Xunta e Adif sobre a nova estación intermodal. Así o sinalou o concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, coincidindo coa visita ás obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle, xunto á alcaldesa, Inés Rey.

Sobre estas obras, a rexedora destacou o "ritmo espectacular" que levan os traballos e apuntou que "o peor pasou", sinalou sobre as obras realizadas para eliminar un viaduto dos que os veciños reclamaban a súa demolición desde hai décadas.

Por outra banda, destacou a pouca "incidencia" rexistrada no tráfico, coa apertura xa da avenida de Finisterre, e precisou que as actuacións pendentes "levarán algúns meses". Entre elas, están "un anaco de viaduto por desmontar", aclarou, ao que sumou "retirar todo o cascallo e empezar a obra de humanización con árbores, ampliación de rúas e unha estación de Bici Coruña", apostilou.

Mentres, sobre a nova estación intermodal e as actuacións pendentes, o edil de Urbanismo lembrou que, por parte do Consistorio, se iniciaron todas as modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pendentes. "As que se necesitan para abordar os accesos á nova estación intermodal", expuxo.

No entanto, destacou o traballo "conxunto" con Adif e a Xunta e avanzou que están "a ultimar os termos do convenio de colaboración entre as tres administracións". "Nun par de semanas poderiamos estar en condicións de ultimar un borrador de convenio, gustaríanos que no mes de marzo", apuntou.

Inés Rey, candidata do PSOE na alcaldía da Coruña / @fitoferreiro /mundiario
Inés Rey, candidata do PSOE na alcaldía da Coruña / @fitoferreiro /mundiario

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta