Vox presentase ás eleccións sen ningún candidato nin cabeza visible

Sitúa aos catro representantes provinciais da xestora á fronte das listas. Entre eles, liderando a lista de Vigo, está o fillo do ex acalde franquista da cidade, Antonio Ramilo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O Comité Executivo Nacional de Vox situou a catro representantes provinciais á fronte das listas no catro circunscricións galegas para as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.

Concretamente, trátase de Miguel Ángel Fernández, pola Coruña; Sonia Teijeiro, por Lugo; María Jesús Fernández, por Ourense; e Antonio Ramilo Rodríguez, por Pontevedra.

Miguel Ángel Fernández é avogado especializado en Dereito Privado, ten un MBA pola Universidade da Coruña e Máster en Dirección de Empresas Construtoras e Inmobiliarias da Universidade Politécnica de Madrid. Actualmente é presidente da xestora provincial de Vox. Foi cabeza de lista por esta provincia nas eleccións xerais.

Sonia Teijeiro é enxeñeira técnico Forestal e enxeñeira superior de Montes. Ademais de estudar dous másteres, ten unha ampla experiencia laboral como enxeñeiro. Na actualidade é presidente da xestora de Lugo e foi candidata nas eleccións municipais á Alcaldía da capital lucense.

María Jesús Fernández, que foi candidata nas eleccións municipais na capital ourensá, é presidenta da xestora provincial de Ourense desde outubro de 2019 e anteriormente foi coordinadora provincial. É encargada das relacións públicas da empresa familiar e foi secretaria e colaboradora do Club de Leonss Internacional de Ourense.

Antonio Ramilo Rodríguez é directivo con ampla experiencia internacional en planificación e execución estratéxica e xestión de equipos dentro do ecosistema dixital. "Multilingüe operativo en español e inglés", din desde a formación. Fillo de Antonio Ramilo, alcalde franquista de Vigo e presidente da patronal galega nos anos 90, é vicepresidente da xestora de Pontevedra.

Abascal nun mitin
Abascal nun mitin | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 anonimo

¿ E haberá galegos que voten por estes retrofachas, ou que pensen que poden aportar algo '?

3 Gamela

Antonio Ramilo... cuidadín cuidadín... el niño estudió en los Jesuítas y conoce perfectamente a toda la casta empresarial conservadora de la Ría de Vigo ?

2 achungala

Miguel Ángel Fernández ten unha pinta de vampirillo xddd

1 Ana

A esta xente hai que lembrarlle que antes que a sua España xa existia "Gallaecia" e moito antes "Galitzie" e o "imperio galo". Todos deberiamos saber sobre a historia dos paios (España: terra dos paios), os bere (Iberia: terra dos bere) e os galos (sobre todo sobre a importancia de Galitzie). A sorte que teñen os españolistas e que moitos galegos non coñecen da grandeza da sua terra no pasado. Mais ese partido da ultradereita so aspira a ser muleta do PP e impor a sua ideoloxia retrogada: veto parental, centralismo, touradas, imposicion do castelan... e moito neoliberalismo.

1 CastelaoPaSogama

Hispania nunca existíu... Estamos chegando a uns estremos ridículos. A día de hoxe en España non hai máis linguas nin nacións cas de chichinabo.

2 Ana

Moitos dos grandes heroes e heroinas do españolismo (Colon, Maria Pita,etc) non so eran galegos senon que empregaban o galego ("Quen teña honra, que me siga"). E agora ves a galegos españolistas defendendo a imposicion do castelan no ensino e administracions a cosa da lingua galega. Vergonza allea dan.