Un informe constata o "óptimo estado" de saúde do mexillón cultivado en Galicia

A boa saúde da especie en Galicia constátase nos datos de produción, segundo o Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño (Intecmar)

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Un informe do Instituto Tecnolóxico para o control do Medio Mariño (Intecmar) sobre a situación zoosanitaria do cultivo de mexillón en Galicia entre os anos 2000 e 2018 constata que a saúde dos mexillóns cultivados en Galicia mantense "en estado óptimo" desde que hai rexistros.

Bateas de mexillón nas rías galegas
Bateas de mexillón nas rías galegas | Fonte: Europa Press

O documento foi analizado este xoves no Consello da Xunta. Este seguimento realízase no marco do programa de vixilancia que desenvolva o Intecmar, que consta dunha rede de control zoosanitario deste molusco con varios puntos fixos de mostraxe localizados en polígonos de bateas e en bancos naturais de toda Galicia.

A boa saúde da especie en Galicia constátase nos datos de produción, pois Galicia é a primeira produtora de mexillón de Europa e unha das principais a nivel mundial, cunha produción no ano 2018 de case 280.000 toneladas que supuxeron un valor económico de máis de 128 millóns de euros.

Segundo informa a Xunta, estas cifras son as máis altas desde 2007 e as alcanzadas no últimos catro anos están ao redor ou supera a medida de produción da serie histórica, cifrada en 238.000 toneladas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta