O BNG urxe unha comisión de investigación sobre a "corrupción" de Juan Carlos I

Néstor Rego considera que é "absolutamente necesaria" ante as informacións acerca de "posibles comisións cobradas" polo rei emérito.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 20:47

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxe a creación dunha comisión de investigación en relación coas "informacións de corrupción" do rei emérito, Juan Carlos I.

Juan Carlos I.
Juan Carlos I.

Rego sinala que esta comisión parlamentaria é "absolutamente necesaria" ante as informacións acerca de "posibles comisións cobradas" por Juan Carlos I cando aínda era xefe do Estado.

Censura que a monarquía é unha institución "anacrónica incompatible cun sistema que se queira democrático", polo que insta os grupos que forman o Goberno, PSOE e Unidas Podemos, a que apoien esta petición.

Néstor Rego defende que é necesario coñecer posibles actuacións corruptas exercidas desde a xefatura do Estado, por "hixiene democrática".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Segundo este artigo... é posible que Néstor Rego poda ser o Cachamuíña da Monarquía ? http://www.sinpermiso.info/textos/l... Veremos o recorrido desta Comisión...(?)

2 Gamela

Precisamente o interesante sería investigar as comisións ou blanqueo realizado cando xa non era Xefe do Estado ! Néstor Rego parece non comprender que a Constitución blinda a inviolabilidade do Rei (a mesma Constitución que paga as nóminas das súas Señorías, e que permitiu a Pujol cobrar o 3% durante media vida, etc. etc. etc.) Pero igual Néstor Rego podería solicitar unha investigación no concello de Ribadeo e ver por que carallo non se abre a porta da illa Pancha aos viciños (seguindo os consellos do Xulgado de Mondoñedo) ! Será porque socialistas e nacionalistas agardan volver gobernar as súas Ínsulas Baratarias? (illa de Toralla - illa de Arousa - illa Pancha) (?)

1 Alienao

Ti non tes remedio xa, estás máis colonizado ca nocilla e o Colacao xuntos.

2 Gamela

Colonizados os que venden o noso Patrimonio aos intereses PRIVADOS ! https://www.ribadeando.com/2020/02/... e sí, non teño remedio, sígueme a gustar o ColaCao !

1 Duihui

Estou de acordo sempre que tamen se faga coa corrupción da U e dos seus chiringos