Temas: ENTROIDO

A mellor revista do Entroido Galego faise en Valdeorras

Rematado o Entroido 2020 comeza xa a conta atrás para o vindeiro. Mentres, podedes gozar dunha publicación que recupera con rigor xornalístico as mascaradas máis tradicionais do noso país e que edita o xornal valdeorrés O Sil. Trátase do monográfico "Entroido en Galicia. Onde ir. Que ver".

Por X.M. Fernández | O Barco | 11/03/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Dende hai unhas semanas está á venda en quioscos e librarías de diferentes puntos de Galicia a edición do 2020 do monográfico “Entroido en Galicia. Onde ir. Que ver”, que edita a publicación valdeorresa O Sil. Trátase dunha revista a toda cor de case 200 páxinas para achegarse ás principais referencias do Entroido ourensán, tanto rural como urbano, así como a algunhas das manifestacións carnavaleiras máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Portada da revista. Foto: Carlos G. Hervella (O Sil)
Portada da revista. Foto: Carlos G. Hervella (O Sil)

Ademais, nesta edición dase xa un pequeno paso internacional achegándose a Italia para coñecer os "Mamuthones e Issohadores" de Sardeña que estiveron este ano na Máscarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Entre os seus diversos contidos inclúe espectaculares fotografías -auténticas estampas etnográficas-, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e aos protagonistas da festa e interesantes artigos de opinión. Trátase dunha publicación de coleccionista, para consulta e para gardar de ano en ano polo seu alto valor documental.  

A revista “Entroido en Galicia. Onde ir. Que ver” está á venda en diferentes librerías e quioscos do oriente ourensán, así como en Quiroga, e ademais pode mercarse en:

Ourense: Quiosco Marcos, rúa Bedoya, 988 608 147

Mascarada Ibérica 2020 en Viana do Bolo. Foto: M.M.
Mascarada Ibérica 2020 en Viana do Bolo. Foto: M.M.

Verín: Librería AZ, rúa Laureano Peláez S/N (Esq. Montemayor), 988 590 371

Xinzo de Limia: Librería Galaica, Avenida de Ourense, 11, 988 460 355

Laza: Estanco, rúa Barrio, 30, 988 422 128

Santiago de Compostela: Quiosco San Roque, rúa San Roque, 11- Baixo, 981 063 263 / Quiosco Concheiros, rúa dos Concheiros, 39, 981 562 692

Pontevedra: Librería Paz, rúa Peregrina, 29, 986 860 471

Bueu: Librería Miranda, rúa Pazos Fontenla, 35, 986 320 504

Vigo: Librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12, 986 221 439

Fuliada en Bidueira (Manzaneda). Foto: Carlos G. Hervella (O Sil)
Fuliada en Bidueira (Manzaneda). Foto: Carlos G. Hervella (O Sil)
Temas: ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

O duro traballo do Carlos Herbella (aí na segunda foto, a esquerda, detras do corno), anos e anos percorrendo as aldeas e pobos, miles de Kms e noites sin dormir pa levar adiante o xornal O Sil e entregar cada ano o anuario do Entroido, so cao axuda dos seus lectores e anunciantes, lonxe de esas millonarias axudas á Prensa del Movimiento. Ánimo e adiante Carlos.