"Eu non lle boto a culpa a ninguén"

Guillerme Vázquez evita responsabilizar a outras formacións do seu resultado e recoñece que "é moi malo". Anuncia que se abre un proceso de "reflexión" na formación. Non descarta recompoñer as relacións cos grupos escindidos do BNG no futuro. Vídeo no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Executiva Nacional do BNG acordou este luns mudar a mensaxe que a mesma formación trasladou tras coñecer os resultados electorais do 21-O. Tras unha xuntanza dos seus membros e a postura dun grupo deles de que había que evitar responsabilizar da derrota a outras formacións, a dirección nacionalista acordou asumir as súas responsabilidades.

Membros da Executiva Nacional do BNG
Membros da Executiva Nacional do BNG | Fonte: Bloque

"O resultado é moi malo e esta perda de apoio popular colócanos nunha situación moi difícil", subliñou o portavoz nacional desta formación Guillerme Vázquez. Nun discurso moi diferente ao que onte mantivo o candidato desta formación, Francisco Jorquera, e asumindo as responsabiliades pola baixada de cinco deputados e máis de 130.000 votos, Vázquez destacou que o BNG "tomou boa nota" da "mensaxe" dos cidadáns. "Por iso, pedimos desculpas porque nós tivemos que facer as cousas mal para esta perda de confianza".

Felicitacións a AGE

Por iso, rexeitou culpar dos resultados obtidos á coalición que liderou Xosé Manuel Beiras. O líder nacionalista incluso felicitou á coalición de EU-Anova polos seus resultados e mostrou a súa esperanza de que a súa oposición "sexa útil para facerlle fronte" ao PP. Ademais, non descartou, no futuro, volver a recompoñer as relacións con Anova e con Máis Galiza. "Non temos prexuízos e o que teña que acontecer, acontecerá", dixo.

"Eu non lle boto a culpa a ninguén, e sobre todo, a outra forza política que nos superou en votos", dixo en relación á derrota do BNG e tras subliñar que a súa formación terá que analizar "o que se fixo mal" para tentar "corrixilo". 

Así, recoñeceu que para o BNG iníciase, agora, unha "etapa difícil", case unha "travesía no deserto", indicou, e anunciou que os cargos da formación analizarán a situación creada "coa cabeza fría".

 

O modelo BNG "non está esgotado"

 

En todo caso, Vázquez quixo deixar claro que o modelo do BNG "non está esgotado". "Se o crese agora estaría a coller un cruceiro ás Bahamas", ironizou nunha sala de prensa inzada de medios de comunicación de todo o Estado.

 

Con todo, lamentou que o nacionalismo galego non saíse reforzado nunha conxuntura política na que, dixo, as forzas nacionalistas de Euskadi e Cataluña crecen e expoñen novos "modelos de estado" aos que non poderá aspirar Galicia.

"Poderes e contrapoderes"

Unhas declaracións que tiveron lugar tras a reunión da Executiva nacionalista que acordou celebrar leste mesmo sábado un Consello Nacional para avaliar a actual situación da formación e tomar as "decisións que fagan falta".Sobre o proxecto nacionalista matizou que, quizais, o BNG "non soubo transmitir ou non lle deixaron transmitir con claridade" a súa mensaxe. Unha situación da que responsabilizou a "poderes e contrapoderes" contra os que hai que "loitar".

Os nacionalistas celebrarán este sábado unha xuntanza do seu Consello Nacional. Con todo, entre as decisións, non está, polo menos polo momento, a dimisión de Francisco Jorquera. "No BNG non tenenos niguna razón para expornos esta cuestión", dixo Vázquez a preguntas dos xornalistas. "Foi o noso candidato á Xunta e por pura lóxica será o portavoz no Parlamento", engadiu. 

Velaquí o vídeo difundido pola fronte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 154 comentarios

48 Fóra do país dos ananos

Pero este home, Guillerme Vázquez, se non dimite, nin quer facer responsable a ninguén deste desastre electoral que deixou o Bloque máis escangallado do que xa estaba, para que sae a falar? Pura retórica mediocre, puras vaguedades. E ademais cun estilo moi desleixado, impropio de alguén coa súa responsabilidade, como de tasca nun domingo de fútbol de preferente rexional...

47 ADIANTE COA ALTERNATIVA!!

Visto o visto agora @s escindid@s parecedes vós!

46 Miño

Se no seu momento a UPG utilizou a Beiras para acadar o BNG altas cotas de apoio electoral e despois desfíxose del, agora o PCE utiliza a Beiras para acadar en Galiza un apoio electoral que EU-IU nunca tivera. Que diferencia de métodos hai entre estes dous partidos COMUNISTAS, agás o lugar e a data de nacemento? Agardo que despois de que se lle pase a merecida "borracheira electoral" en ANOVA saiban escoller o camiño do medio agora que xa se aproveitaron da cota electoral e económica na campaña que lle correspondía a EU-IU se non queren que se repita a historia.

1 mk__

Mira ti, que eu cria-me que a UPG, o colectivo Socialista, o Beiras, o colectivo Arco da Vella, e alguns mais xuntaran-se para criar unha frente nacionalista. Non se agora xa o entendo, uns crian movementos amplos e outros destrue-nos desde o comezo.

2 Radar

Pepero vésenche as "plumas"

45 CHONY?

E a máquina de insultar aquela das maiusculas que foi del? estara a reflexionar sobre o gran traballo que fixo, enchendo os foros de tonterías, pra outra cambia de extratexia e usa a cabeciña.

44 Cachuzo

Non haberá paz para os bloqueiros que buscan que se asuman responsabilidades. O sanedrín da secta mesiánica UPG axiña decretará que non hai problema e todo volverá ao rego: Beiras vai vello, non durará sempre e AGE sen el desaparecerá, e por fin os tempos serán chegados para o BNG.

1 PPdeG

Grazas UPG

2 PP de E

Grazas EU