Galicia é a autonomía na que máis empregados teletraballan, un 10,3% dos ocupados

A taxa galega está máis de dous puntos por encima da española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2020 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Galicia é a autonomía na que máis empregados teletraballan, un 10,3% dos ocupados, o que equivale a 112.500 persoas, segundo un informe de Adecco.

Neste sentido, a taxa galega está máis de dous puntos por encima da española, que se atopa no 7,9%, o que equivale a 1,5 millóns, un máximo histórico. A seguinte comunidade con maior peso do teletraballo é Estremadura (o 10,2%).

A proporción de persoas que traballaron polo menos ocasionalmente desde o seu fogar creceu nunha ducia de autonomías, entre elas Galicia. De feito, co incremento interanual de 1,3 puntos, Galicia pasa incrementar a proporción de teletraballadores ata liderar as cifras de comunidades.

O teletraballo só retrocedeu en Madrid (3 décimas menos que no último trimestre de 2018, ata alcanzar agora o 8%) e Asturias (6,8%, cunha rebaixa interanual dunha décima).

Traballando dende a casa.
Traballando dende a casa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta