O alcalde de Lugo imputado por acoso laboral

Pilar de Lara, a xuíza que tamén leva a Operación Pokemon, tomou hoxe declaración ao alcalde de Lugo por outro preito. Jose Luís Orozco saíu do xulgado imputado por acoso laboral, ao igual que un ex-concelleiro e o ex-director da Policía Local.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/10/2012 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O demandante é un axente da Policía Lugal de Lugo, sindicalista do CSIF. O policía saíu na prensa local criticando duramente ao Concello polas malas condicións da comisaría. De seguido, a Comisión de Goberno do Concello abriulle un expediente por "revelación de segredos".

Orozco
Orozco

O axente contratacou cunha demanda que obrigou ao Concello a pechar ese expediente. Non contento con eso, demandaou a Orozco e ao resto dos hoxe imputados por acoso. O traballador alega que entrou en depresión pola represaria dos seus superiores e, ademais do preito penal, pide unha indemnización de 120.000 euros.

O alcalde socialista non quixo facer declaracións ao respecto. O seu letrado criticou á imputación ditada por Pilar de Lara debido á "carga emociona que ten un proceso penal".

É improbable que Orozco pense sequera en dimitir malia estar imputado. O político do PSdeG xa estivo imputado na trama de corrupción Operación Campeón, pero mantívose firme até que os xulgados arquivaron a causa contra el.

Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Xosé López Orozco, alcalde de Lugo. Foto: Concello de Lugo.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Ricardo Reis

Todo un personaxe o profesor de Filosofía: 1. Imputado na Operación Campeón, 2.O que foi o seu brazo dereito no concello de Lugo é o xefe dos malos na Operación Pokemon. 3.Imputado agora por acoso laboral e, algo que a xente non cita e que para min é moi importante tendo en conta o SAQUEO que se produciu na nosa Caixa Galicia: formaba parte do Consello de Administración polo PSOE, xunto con Mar Barcón e o eterno Salvador Fernández Moreda, que era nada menos que Vicepresidente. Todo un personaxe. En Alemania dimiten políticos con futuro por copiar parte dunta tesis doctoral, don Xosé bota discursos redentores. ¡País!

1 indignado

Encantan-me os maderos, á minima colhem depressom por calquer cousa XD

1 Sra. de Fernández

¿Esa aversión aos "maderos" ten a súa orixe en ter sido detido por eles; ao mellor tiveches xente próxima a ti, ou ti mesmo estiveches no talego? ¿A que obedece esa aversión? Porque na miña experiencia esa carraxe dase en licenciados do presidio, ou en quen tivo xente próxima que delinquiu e foi condenada.

2 Outro indignado

Empezas a ter aversión cando ver como apalean a xente inocente que esta a esperar o tren e se comportan como pretorianos. E o peor: cando coa súas accións empañan a honra de compañeiros que deron a vida por servir ó pobo (por exemplo na COruña).