Piden tranquilidade en Cartelle tras asistir persoas que logo deron positivo a un enterro

Entre os asistentes estaban a senadora Carmen Leyte e o seu home, agora en situación de illamento. Polo momento, non se coñecen outros casos positivos. As fontes consultadas insisten en diferenciar este caso do acontecido en Haro, cun contaxio masivo.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 13/03/2020 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A presenza da senadora Carmen Leyte, ex alcaldesa de Cartelle, e do seu home, médico no Complexo Hospitario Universitario de Ourense (CHOU) nun enterro o pasado domingo desatou todas as alarmas nas comarcas de Celanova e do Ribeiro. Unha alarma que se incrementou tras coñecerse que a política e o seu home deran positivo por coronavirus.

Funeral
Funeral | Fonte: enterro EP

Algúns veciños se puxeron en contacto con este medio para alertar da posibilidade de que algúns asistentes ao funeral, moitos deles xente maior do concello e doutros concellos limítrofes, temían ter resultado infectados. "É normal que nun funeral a xente pois se saude, se abrace, chore", comentan, "e isto en xente maior é moi habitual".

Galicia Confidencial púxose en contacto co Centro de Saúde de Cartelle para coñecer se os veciños estaban acudindo ao centro a preguntar. "A xente xa non ven por iso. Xa sabe que hai un número para chamar. E chaman para que lle deamos ese número", comentaron. Ademais quixeron lanzar unha mensaxe de tranquilidade. "Que saibamos aquí non hai ningúen contaxiado", destacaron estas fontes. As persoas que teñan algún temor a un posible contaxio deben chamar ao 900400116.

"FOMOS TOTALMENTE SANOS"

Con todo, GC tamén se puxo en contacto co Carmen Leyte, que desmentiu en absoluto que haxa máis xente infectada por asistir a ese enterro máis alá dela e do seu home. Así, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade. "Eu asistin ao funeral da nai da miña mellor amiga e eu e o meu home fomos estando totalmente sanos", suliñou.

Neste sentido, indicou que ela comezou a sentir os síntomas o mécores, e o seu home o o luns pola tarde. "Desde entón xa quedamos na casa e seguimos todos os protocolos", afirmou. "O que teño é un cadro con febre, nauseas, pero sen tos... É como unha gripe pero mesmo con síntomas menores", asegura. Por iso, afirma que, ao non tusir, e menos no enterro, a difusión do virus estivo moi mitigada.

"A xente máis próxima a min deu toda negativa nos test", aclarou, indicando que a propia filla da falecida, tamén deu negativo. "Por iso, insiste en lanzar unha mensaxe de tranquilidade e evitar estigmatizar as persoas contaxiadas. "Eu cando fun o enterro non tiña nada, non sabía que estivera enferma, polo tanto facía unha vida normal. No momento no que me enterei, obviamente, xa nos pechamos na casa", sinalou.

ORIXE DA INFECCIÓN

O que non sabe a senadora popular é a orixe da infección. "Iso non o sabemos. Non sei se foi o meu home ou fun eu que vin con el xa de Madrid", asegura. Outras fontes institucionais consultadas fan un chamamento a calma e evitan comparar o que aconteceu en Cartelle co acontecido en Haro ( La Rioja), onde se illou todo un barrio polo positivo de numerosos membros dunha mesma familia que asistiran a un funeral en Vitoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Logo é tarde

Non sei que esperan para pechar Pedrafita do Cebreiro.