Anova, aberta a xuntar ao nacionalismo

Lembra que AGE xa ofertou unha Syriza galega que "outras forzas rexeitaron" e insiste en que o ofrecemento segue aberto. O seu grupo parlamentario traballará pola "liberación nacional" de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

"É curioso que haxa voces que agora pidan unha refundación do nacionalismo galego cando hai unhas semanas AGE ofertou un gran pacto para concurrir conxuntamente aos comicios galegos". É a opinión dun dirixente desta formaciónm que non acaba de entender porque, agora, políticos como Francisco Rodríguez, piden a apertura de novos espazos nacionalistas.

Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova
Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova

A maioría dos militantes de Anova non se opoñen a esta proposta pero lamentan que o líder da UPG fixera este ofrecemento logo de que o BNG quedara como cuarta forza política no Parlamento galego. "Houbo tempo, antes das eleccións, de reconducir a situación do nacionalismo e non houbo vontade por parte deste partido que controla ao BNG", sinala esta fonte.

E é que o sorpaso de AGE ao BNG e o éxito de Beiras nos comicios teñen mudado o campo nacionalista. Desde Anova apuntan que as eleccións crearon un novo escenario no que hai dúas forzas no Parlamento: AGE e o BNG, con plantexamentos nacionalistas, e outras, como CxG, ou menores, como o PT, que xogan no mesmo terreo de xogo. "Ovbiamente que temos que volver a falar todos pero agora hai que dar tempo a que a nova situación política se asente", sinala.

Coalición duradeira

Polo momento, Anova insiste en que a coalición con EU, Ecogal e Equo vai ser duradeira no tempo, "polo menos durante toda a lexislatura". Este grupo traballará unido na Cámara galega, aínda que, "está aberto" o escenario ante novas citas electorais. "Nós temos este acordo para as eleccións galegas. Logo xa se verá", insisten estas fontes que deixan a porta aberta para sumar máis forzas nacionalistas no futuro e aumentar esa Syriza galega.

En Anova están convencidos de que o papel que ten que xogar agora esta formación no futuro do nacionalismo é fundamental, porque "así o quixeron os galegos". Por iso, non rexeitan a idea de abrir foros de diálogo e de encontro con outras forzas nacionalistas pero "con regras de xogo que non sexan marcadas polo BNG ou pola UPG".

"Construir e non destruir"

E é que no grupo que lidera Beiras teñen claro que para refundar o nacionalismo é necesario "tentar construir" e "non destruir". "As portas sempre están abertas, pero sabendo que ninguén ten a verdade absoluta de nada".

"Agora hai que deixar enfriar e pousar todo e logo xa se verá". En Anova cren que as feridas abertas tras a asemblea do BNG aínda están recentes e haberá que deixar que vaian cicatrizando. "O que está claro é que os sentimentos e as loitas son as mesmas. O que haberá que tratar no futuro é de coller o que nos une e rexeitar o que nos separa", apunta outro dirixente.

"Liberación nacional"

Por outra banda, o grupo parlamentario de Anova estará "comprometido" coa "liberación nacional e social" de Galicia e con "avanzar no exercicio da autodeterminación reivindicando a nación dos galegos como suxeito único da soberanía nacional".

 

Ese é un dos acordos da Executiva desta formación que se reuniu este sábado. Ademais, acordouse consolidar a organización e, a partir do vindeiro xaneiro, celebrar unha Asemblea Nacional da nova organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 196 comentarios

49 farto

xuntar o nacionalismo

1 ssss

Cal de eles o español ou o galego ?

48 Nonmecreonada

Se Izquierda Unida en Galicia é nacionalista porque non forman un partido único e se deixan de parvadas?. Menuda agora con darlle a carta de nacionalistas de IU-Galicia.

1 Nonmecreonada

Por certo, toda a xente que coñezo de IU-Galicia falan e se expresan en español.

2 Mar

Pois entón non coñeces a moita.

3 Nonmecreonada

Yolanda...a primeira, Juanito Fajardo, o segundo...sego?

47 Galicia Confidencial

Un comentario foi eliminado por conter insultos. GC tomará medidas para que este comportamento non se volva a repetir. Grazas aos que comentades neste foro, sexa cal sexa a vosa idea política, pero con sentidiño e educación.

46 blancolexitimo

¿Por que lle chaman Syriza galega ó que é unha copia fidedigna da ICV catalana?

1 Fóra do país dos ananos

Bah, por facerlle o paripé á demagoxia grega, que agora está na moda...Ensoñacións irresponsables que, indirectamente, alentan a preguiza e outros hábitos alleos ao noso país.

2 castelao

Non sei de onde sacas iso. Icv é un so partido soberano, nada que ver coa coalición anova-eu. Este tipo de comparacións entre realidades alleas embarulla todo. É como decir que o PNV e a CiU do País vasco, todo esto é gartuito e improductivo como análise

45 PODER PPEPPEIRO

Os nacionalistas Galegos, non son mais que uns "chorimicas". Que si Beiras por aqui, que si Pacorro Rodriguez poracula, que si CompromisoxG. O problema é que sempre gañan os Españois. Fisicheis algo por crear unha cultura dentro da Galiza, propiamente Galega, como fixeron Bascos e Catalans?, Creacheis empresas, colexios, asociacions, de cultura nididamente Galega, que non precisen do Castalan?. Non. Sempre por arte ou parte, sempre aparece algo relacionado con empresas organizacions, asociacions e colexios, dependentes do Castelan. Cando esto aconteza, enton o nacionalismo Galego, será un grupo de presion, como non deixan de ser todo o poder PPeppeiro na Galiza.

1 provinciano

nós somos unha sucursal do P$$$OEspaÑol, aínda non o sabías?

2 Fóra do país dos ananos

Non, facer pouco se fixo, a verdade...Sempre se estivo co olliño posto nos orzamentos de Madrid e nas esmolas que nos podía dar o Estado. Organizarse cos pés na terra, criar tecido produtivo e estructuras sociais e culturais propias, pouco ou nada. Choromicar e andar de carpideiras porque España non nos quer, iso si, todo o que se queira.

3 Un vello galeguista

Creo que acabo de ler o comentario máis sensato de tantas dúcias que levo lido sobre o nacionalismo galego e o seu futuro. Efectivamente, mentres nos sexamos quen de crear un tecido social propiamente galego pouco imos facer. Temos aí un montón de xornais galegos en galego esmorcendo e non somos quen de sustentalos e darlles pulo; logo criticamos LVG; que esperamos? que LVG sexa galeguista/nacuionalista?

4 Coiro

Compromiso aínda non podes metelos nese epígrafe de chorimicas, tendo máis motivos ca ningún deles; Feijoo escarallounos co adianto, Beiras perdeu a oportuinidade de refundar o nacionalismo galego pactando con eles, elexíu aos comunistas, e aymerich abandonounos antes de escomezar. Poderían ser chorimicas pero eu vexo moita dignidade e enteireza na súa derrota. Isto foi unha batalla, ainda hai moita guerra por diante. :) Dádelle unha oportunidade a CxG