Anova, aberta a xuntar ao nacionalismo

Lembra que AGE xa ofertou unha Syriza galega que "outras forzas rexeitaron" e insiste en que o ofrecemento segue aberto. O seu grupo parlamentario traballará pola "liberación nacional" de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

"É curioso que haxa voces que agora pidan unha refundación do nacionalismo galego cando hai unhas semanas AGE ofertou un gran pacto para concurrir conxuntamente aos comicios galegos". É a opinión dun dirixente desta formaciónm que non acaba de entender porque, agora, políticos como Francisco Rodríguez, piden a apertura de novos espazos nacionalistas.

Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova
Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova

A maioría dos militantes de Anova non se opoñen a esta proposta pero lamentan que o líder da UPG fixera este ofrecemento logo de que o BNG quedara como cuarta forza política no Parlamento galego. "Houbo tempo, antes das eleccións, de reconducir a situación do nacionalismo e non houbo vontade por parte deste partido que controla ao BNG", sinala esta fonte.

E é que o sorpaso de AGE ao BNG e o éxito de Beiras nos comicios teñen mudado o campo nacionalista. Desde Anova apuntan que as eleccións crearon un novo escenario no que hai dúas forzas no Parlamento: AGE e o BNG, con plantexamentos nacionalistas, e outras, como CxG, ou menores, como o PT, que xogan no mesmo terreo de xogo. "Ovbiamente que temos que volver a falar todos pero agora hai que dar tempo a que a nova situación política se asente", sinala.

Coalición duradeira

Polo momento, Anova insiste en que a coalición con EU, Ecogal e Equo vai ser duradeira no tempo, "polo menos durante toda a lexislatura". Este grupo traballará unido na Cámara galega, aínda que, "está aberto" o escenario ante novas citas electorais. "Nós temos este acordo para as eleccións galegas. Logo xa se verá", insisten estas fontes que deixan a porta aberta para sumar máis forzas nacionalistas no futuro e aumentar esa Syriza galega.

En Anova están convencidos de que o papel que ten que xogar agora esta formación no futuro do nacionalismo é fundamental, porque "así o quixeron os galegos". Por iso, non rexeitan a idea de abrir foros de diálogo e de encontro con outras forzas nacionalistas pero "con regras de xogo que non sexan marcadas polo BNG ou pola UPG".

"Construir e non destruir"

E é que no grupo que lidera Beiras teñen claro que para refundar o nacionalismo é necesario "tentar construir" e "non destruir". "As portas sempre están abertas, pero sabendo que ninguén ten a verdade absoluta de nada".

"Agora hai que deixar enfriar e pousar todo e logo xa se verá". En Anova cren que as feridas abertas tras a asemblea do BNG aínda están recentes e haberá que deixar que vaian cicatrizando. "O que está claro é que os sentimentos e as loitas son as mesmas. O que haberá que tratar no futuro é de coller o que nos une e rexeitar o que nos separa", apunta outro dirixente.

"Liberación nacional"

Por outra banda, o grupo parlamentario de Anova estará "comprometido" coa "liberación nacional e social" de Galicia e con "avanzar no exercicio da autodeterminación reivindicando a nación dos galegos como suxeito único da soberanía nacional".

 

Ese é un dos acordos da Executiva desta formación que se reuniu este sábado. Ademais, acordouse consolidar a organización e, a partir do vindeiro xaneiro, celebrar unha Asemblea Nacional da nova organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 196 comentarios

44 Robertiño

Xa anda Mario López Rico, argallando como voltar a ser membro do Consello de Administración da CRTVG, é un posto moi acaido a el: Cobrar moito e non facer ren

1 Fóra do país dos ananos

López Rico que vaia falar co mouro do Araguaney, que el e o Beiras sempre se levaron moi ben con el e disque o fulano ten moita man na TVG...

2 Aquenlleimporta...

... e eses eran os que viñan facer unha política "distinta", porque eles non eran "políticos profesionais" senón "o pobo no Parlamento", ... manda carallo !!!, "canto" durou o "idealismo"

3 aminimportame

Si ho si, canto iamos repartir e colocar no BNGuai e agora chegan estes de AGE e van merendar o que era NOSO, pois fomos nós os que quentamos o forno durante anos, e por riba repartindo con IU... Por certo, para que vale participar no Consello de Administración da CRTVG? (non vale a resposta de alimentar famentos agradecidos do partido).

4 Aquenlleimporta...

...pa´ cobrar as dietas

43 Gamela

Resulta incríble o "MAL PERDER" que teñen algúns históricos da UPG. O que cómpre é SUTURAR as feridas, e non vai haber outro xeito de facelo que DEPURANDO ao pai das "depuracións nacionalistas" : PACO RODRÍGUEZ. Eu pido dende aquí a súa cabeza en bandexa de prata! E logo veremos de seguir adiante sen máis trabas nin "ortodoxias de mal pagador". Ata cando teremos que seguir aturando "ideólogos da cunquiña" ???

1 anti pijos

Gamela, como lles foi aos teu de UPyD? Os españolitas facendovós agasallos. Fallou Rosa, temos a Beiras.

2 Gamela

Xa vexo que o "mal perder" é cousa moi estendida nestes foros ! Acaso cando Paco cobraba en Madrid no Congreso non era espanholista? Xa vemos que polo pan baila o can... País !!!

3 Fonterosa

Penso que retirar a Paco Rodriguez sería positivo para o entendemento de todolos demais.

42 Ex militante

Quixera facer unha pregunta: eu empecei a desligarme do Bloque cando perdeu o seu caracter loitador e combativo. Cando empezou a ser un partido mercantilista mais. Cando empezou a ser mais autonomista que propiamente soberanista. Todo empezou mais ou menos cando o xantar con Fraga, cando o Galeusca coas forzas burguesas de PNV e CIU. Cando a unión cos social liberais do bipartito, e ademais tan torpe de financiar os medios de comunicación reaccionarios en vez de crear uns propios. Eu me pregunto canta culpa ten Beiras do sucedido? Irá de puro agora que deixou as cagadas na casa? Ou cecais, non ten culpa? ou toda a culpa?.

1 Fronte Popular

Tivo culpa e emendou agora o seu erro desligándose do mercantilismo, do autonomismo e do Galeuscat burgués, e correndo un alto risco ao aliarse simultaneamente con partidos federalistas e co independentismo histórico. Podía recibir h ost ias desde España, podía recibilas desde o outro independentismo marxinal e desde logo podía recibilas do BNG, como así foi. E gañou precisamente por non ir de puro, na miña opinión. Ten 200.000 razóns para estar orgulloso de asumir tanto risco.

2 outro exBNG

Beiras ten culpa, por suposto, e a prole que o adora e fomenta o seu ego tamén. Mais, se foche militante e participaches, saberás que no BNG non se move nada sen a bendición da UPG. Hai logo culpas maiores. A deriva do BNG foi dirixida pola UPG, mesmo os pactos con CiU e PNV foron redactados por Francisco García e por Jorquera (asinados por Beiras e Quintana, si, pero cociñados pola UPG). E agora, tarde demais, comezan a recoñecer que a liña foi errada. Agora o tempo do BNG como motor do nacionalismo e da alternativa xa pasou, asumir responsabilidades non vai facer que o reloxo ande cara atrás. Seguramente non será Anova quen lidere o futuro, pero menos aínda un BNG afundido.

3 Ex militante

ja ja ja ja grazas por facerme rir. Beiras empezou no socialismo españolista post franquista, e agoa está no neo hipismo españolista, unha volta as orixes, ou unha baixada de careta, falar de independentismo????? cando foi o que consigueu a imposible introducción do españolismo de IU no espazo político galego. Hai alguén que teña opinións serias por ai?

4 Ex militante

ja ja ja ja grazas por facerme rir. Beiras empezou no socialismo españolista post franquista, e agoa está no neo hipismo españolista, unha volta as orixes, ou unha baixada de careta, falar de independentismo????? cando foi o que consigueu a imposible introducción do españolismo de IU no espazo político galego. Hai alguén que teña opinións serias por ai?

5 carballo

O bipartito foi necesario, querías un BNG batasunizado? Extrapaarlamentar cecais? Aprendamos da Convergência i Unió xa!!

6 anonimo

Asinados por Beiras, o que agora vai de puro e dis que é a alternativa. Fas un analise critico bó sobre a xerarquia da UPG, mais cegache a fascinación que tes polo traidor e culpable. Se queremos refundar o nacionalismo temos que botar a todos os culpables. O pacto traidor de Beiras co españolismo vai pasar factura, tempo ao tempo. Non se pode ser xuiz e parte. Parte da introdución do cancro do españolismo na esquerda soberanista.

7 Ex militante

Carballo, eu traballei varios anos na Catalunya de CIU. E fun un obreiro tan explotado, coma son na Galiza do PP.

8 Vicentiño

Eu traballei en concellos, deputacións e xunta gobernadas por bipartitos, e tamén polo PP (máis anos, evidentemente), e non vin nin vexo diferenzas. Traballei e traballo con administracións públicas e fede igual de mal o caciquismo de uns e o clientelismo dos outros. Coincido en que CiU é o mesmo que o PP, pero os bipartitos non foron nin son (Deputación de Lugo, Concello de Lugo, exemplos claros) garantía de alternativa. Coincido cos do PP cando lles chaman repartitos. De verdade do BNG no poder esperabamos outra cousa, o problema do BNG está dentro, pero sempre é máis doado dicer que os culpables son os outros.

9 carballo

Pois tiveron unhas cantas maiorias eh! E todos os seus votantes eran/son burgueses capitalistas?

10 Fóra do país dos ananos

Sempre queda mudarse a Caracas...Ademais, así que chegas, danche polo visto unhas puchas vermellas de agasallo moi graciosas! As rúas están algo difíciles, pero as rapazas son ben xeitosas, a verdade.

41 anovista

Ponse algo sobre ANOVA e axiña hai un cento de entradas, case todas abertas por alguén que a critica. Deixade de falar de Beiras por que o estades a facer máis popular do que é.

40 beiras expañol si ou non

Agora din que o pesoe catalan esta polo dereito de autodetermianción??? pode o apostol xudas beiras iscariote volver os seus orixes o socialismo expañol, pode beiras???? con beiras todo e posibel... a golferancia e moita

1 Fóra do país dos ananos

Sería mellor que ningún policía analfabeto entrase aquí a opinar así á toa destas cousas botando man do Google Translator...Disimulan moi mal, dan moita vergonza allea coas súas parvadas sen xeito nin traza e ademais escriben cun estilo que dá noxo...

2 O noso home en Santiago

Home, fasme pensar, poidera ser que o pequeno burgués Beiras fora un quintacolumnista do españolismo para dinamitar ao nacionalismo galego. Ao igual que mr. X foi o axente Isidoro da CIA en Suresnes. As veces deixan axentes na sombra longo tempo ate que chega o intre de actuar, cando os erros propios pasan factura. Sería un bó tema de novela, entre a realidade e a ficción literaria. Mais non para plumas mercenarias, tipo Rivas,tristemente os que mais abondan nas nosas letras actuais.

3 A 3ª

Claro claro. Onde estean os poetas do BNG... Pero se xa non vos queda nin Cáccamo! A xente que escribe algo ben marchou hai tempo.

4 Confuncio

Si, argumentos de novelas poderíamos atopalos moi variados dentro do nacionalismo galego, non podería ser Paco Rodriguez un infiltrado pra controlar, taponar e mesmo abortar o desenrolo do nacionalismo galego? coas súas constantes purgas de xente "perigosa" e colcando incompetentes na direción e coa súa capacidade destrutiva?, da que pensar dá.

5 Confuncio

De ser así, habería que recoñecer que o tipo foi moi bo no "seu choio", si buscasen outro mellor sería imposible atopalo.