Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:22
CxG converterase nun "proxecto partidiario único" que inclúa ás distintas correntes que integran a formación para convertila nunha formación "útil" para os cidadáns e con "propostas claras e precisas".
Para iso, Compromiso celebrará o vindeiro 16 de decembro o seu congreso constituinte. O seu obxectivo é asumir unha "filosofía de cooperativa política" desde uns postulados do "centro progresista galeguista até a esquerda renovadora".
"Porcentaxes destacables"
Foi o acordo do seu Consello Político Nacional, celebrado este sábado, e no que a formación acordou abrir unha "fonda reflexión" logo duns resultados que consideraron que "non foron bos". Con todo, destacou os "porcentaxes destacables" alí onde a formación te unha "importante presenza organizativa".
En todo caso, a dirección de CxG coincide en que eses comicios estiveron poralizados por Feijóo e Beiras. "Isto fixo imposible, política e mediáticamente, visibilizar unha nova proposta", sinalou. O seu reto está possto nas vindeiras eleccións municipais, dentro de dous anos e medio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.