CxG camiña cara a un "proxecto partidario único"

A formación destaca que a "polarización Feijóo-Beiras" perxudicounos durante a campaña pero destacan os "procentaxes destacables" alí onde están asentados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

CxG converterase nun "proxecto partidiario único" que inclúa ás distintas correntes que integran a formación para convertila nunha formación "útil" para os cidadáns e con "propostas claras e precisas".

Cuíña e Bascuas canda compañeiros nas listas electorais de CxG
Cuíña e Bascuas canda compañeiros nas listas electorais de CxG

Para iso, Compromiso celebrará o vindeiro 16 de decembro o seu congreso constituinte. O seu obxectivo é asumir unha "filosofía de cooperativa política" desde uns postulados do "centro progresista galeguista até a esquerda renovadora".

"Porcentaxes destacables"

Foi o acordo do seu Consello Político Nacional, celebrado este sábado, e no que a formación acordou abrir unha "fonda reflexión" logo duns resultados que consideraron que "non foron bos". Con todo, destacou os "porcentaxes destacables" alí onde a formación te unha "importante presenza organizativa".

En todo caso, a dirección de CxG coincide en que eses comicios estiveron poralizados por Feijóo e Beiras. "Isto fixo imposible, política e mediáticamente, visibilizar unha nova proposta", sinalou. O seu reto está possto nas vindeiras eleccións municipais, dentro de dous anos e medio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

2 Xurxo

Bascuas foi pouco intelixente.Pensou que era moi importante,mesmo imprescindible para ANOVA. Non foi falar con ANOVA e foi correndo falar con Cuinha. Como é normal,logo,para ANOVA resultaba imposible darlle un posto a alguén que nesas semanas tinha corrido tanto cara a dereita. En fin,ben que agora rectifiquen...

1 Arquiveiro

Niguen esta a rectificar nada nin ANOVA e o centro do universo...

2 Mario

Seguide co rollo de "Cuiña de dereitas", e iso non é certo. A mala fe... A ver se algún día conta se o BNg o quería... entón ó mellor volve a ser "un tío caralludo" como antes de meterse en CxG

3 Por outro carballés

Cuíña é do mellor que hai en Compromiso. Moito ánimo. Ogallá no PP xurdiran máis políticos cos contos aqueles ben postos coma vostede para denunciar o desprezo pola Nósa Terra que en tantos eidos demostran.

1 Roi Xordo

Cada un ve que quere ver. Iso é o que sempre se lle criticou á UPG, e iso é o que estes están tamén a facer. Pois vale.