O BNG de Ourense renóvase tras o caso Pokémon

Isabel Pérez e Marta Arribas deixan as súas actas. Antes xa o fixera Fernando Varela tras a súa implicación neste caso. A decisión adoptouse para seguir na oposición

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/10/2012 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

As concelleiras do BNG no Concello de Ourense Isabel Pérez e Marta Arribas anunciaron este martes que deixan as súas actas na corporación municipal.

Isabel Pérez e Marta Arribas nun acto do Bloque
Isabel Pérez e Marta Arribas nun acto do Bloque | Fonte: Flickr BNG de Ourense

Unha decisión que chega tras a asemblea local do BNG, que se celebrou este luns, e que tamén decidiu que os nacionalistas non negociarán a entrada no goberno local e, polo tanto, descartan reeditar un novo bipartito.

E é que, segundo as fontes consultadas, facíase moi difícil que as dúas concelleiras que participaran no Goberno municipal estiveran na oposición criticando, nalgúns casos, políticas que previamente terían apoiado.

Renovación

Coa saída destas edilas, o grupo municipal do Bloque renovarase por completo logo de que o xa es concelleiro Fernando Varela dimitira ao ser imputado na Operación Pokémon e que obrigou tamén á dimisión do ex alcalde socialista Francisco Rodríguez.

Agora, pasarán a ser concelleiros desta corporación municipal Susana García e Ximena González. Antes xa entrara Xosé Somoza en substitución de Fernando Varela. A maior parte deles da APU, a coalición liderada pola UPG.

Consello Nacional

A saída de Pérez e Arribas chega tras o Consello Nacional do pasado sábado no que se abordou a necesidade dun cambio nas políticas e nas estruturas nacionalistas tras o fracaso das eleccións do 21-O. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

2 Xurxo

O BNG é xa unha anécdota. Felizmente Galiza é máis grande e están a agromar outros proxectos....

1 un galego

hai moitas anécdotas, pero que teñan a militancia que ten o BNG e que teñan 30 anos de historia non creo que haxa moitas, non será anécdota só porque alguén o desexe, e se o que está a agromar son proxectos que son "coalicións técnicas" estamos bós, estamos preparados para recibir o futuro tan negro que se nos ven enriba, que alguén lle poña sentidiño a todo esto

2 buli

xurxo, eu hai tres dias estivem falando cum "niñato" de age (iu) que me decia que a gente está farta del gallego que además no sirve para nada. Que é o que está agromando? podesmo explicar?

3 Un da AGE

Tómalle o nome e enviao á AGE. Se é militante de IU viralle ben aclarar esa postura.

4 O muiñeiro da Serra

Que o BNG ten 30 anos, que ten mpitos militantes (mellor, tiña) non se discute; que se fale de coalicións en tono despectivo xa é o colmo. Que era , e ainda é, o BNG con tantas opcións, correntes, partidos, etc. dentro? Acaso un partido único? Un chisco de sentidiño, sí!!

1 un galego

A noticia de verdade é que o BNG decide non negociar co PSOE un novo goberno de coalición. O titular de GC, ou sexa, destacar os cambios no Grupo Municipal do BNG sigue a estratexia de golpear constantemente á frente nacionalista, e sobre todo decir que se "renova tras o caso Pokemon". O BNG sufriu o ataque virulento antes, durante a campaña electoral e sigue agora, desde diversos sectores da sociedade galega, o obxectivo é acabar coa marca BNG. Ninguén se fai preguntas porque Compromiso por Galica, por poñer un exemplo, tivo uns resultados ridiculos, aquí todo o mundo é a opinar sobre o BNG e a destacar que "non ten solución". Xa o dixen un día e volvo a decilo, atacando ao BNG atacades a Galiza.

1 outro galego

Sobradete, Galiza é moito máis que o BNG

2 un galego

home claro, xa o sabemos, pero que Galiza necesita unha forza propia tamén, e que esa forza propia é o BNG tamén, que por eso está a sufrir todo tipo de ataques tamén, e que Galiza é moito máis que o BNG tamén, Galiza son os caciques, o lacón con grelos, o Luar, o Celta e o Coruña, as gaitas e as forzas estatais que teñen a cabeza en Madrid, sentidiño, moito sentidiño

3 Preguntador

Un galego, o titular que propós é exactamente o mesmo que pón Sermos Galiza. O que ten lóxica, o xornal da U titulando como queredes os da U :-D Por certo, Sermos non informou dos resultados de Compromiso nin fixo artigos sobre o seu incerto futuro, cousa que si fixeron neste diario e noutros medios. Eis a diferencia entre o xornalismo e a propaganda.

4 antiburras

Dende logo, o que non é Galiza son os de Cayo Lara, as procesións, as Comisiones Peperas e os eucaliptos de ENCE-AGE

5 mk__

Eu non dou carnets de galeguidade, pero ti non tes altura... moral, nen tan sequera para intenta-lo.

6 Un vello galeguista

Antes do BNG non habia nen houbo ninguén que defendera Galiza? Cres que ides ser sempre o embigo do mundo galego? Un chisco de modestia non estaba mal, non cres?

7 currantesenestudios

a politica de ourense non será a mesma sen o sorriso de isabel e o estilismo de marta

8 Coiro

un galego, ti flipas. Tentando reivindicar o teu, os teus, faste unha lea importante, que carallo teñen que ver o lacón con grelos e as gaitas nisto? se ves que tal facemos do sushi o prato nacional e usamos guitarras eléctricas e sintetizadores para compoñer muiñeiras. Ides tan desnortados no BNG que semella que estorba aos vosos plans que Galicia sexa como é. Aprendede un pouco de historia de Galicia, de cultura democrática, e facede autocrítica, se podedes, se non vos esmaga o dogma. Por certo, fai tempo que non sodes un bloque, dade a cara e presentádevos como UPG.

9 un galego

Coiro: tí sabes o que é a ironía,o sarcasmo ou a retranca?, tí só sabes o que é "flipar", e así nos vai

10 un galego

Coiro: tí sabes o que é a ironía,o sarcasmo ou a retranca?, tí só sabes o que é "flipar", e así nos vai