Un señor de Riós faise o dono do pobo tras mover todos os marcos aproveitando a corentena

Un veciño do concello ourensán de Riós fíxose o dono de todo un pobo tras aproveitar a corentena derivado da pandemia do coronavirus para mover os marcos das fincas e xuntalas todas nunha da súa propiedade.

Por GcToday | Ourense | 18/03/2020 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

O home aproveitou o confinamento decretado polo goberno e comezou a mover os marcos das fincas pouco a pouco. "Cada vez que ía facer un recado aproveitaba para mover un marco. Se ía á tenda, movíao; ao estanco, outro que movía". "En catro días xa os tiña todos movidos", declara un veciño claramente contrariado.

Leira con vacas. Foto: XMF
Leira con vacas. Foto: XMF

"Non tiña can pero púxolle unha correa a un gato para ter unha desculpa para saír e así movelos todos", engade unha veciña.

"É un sinvergoña", declarou outra veciña. "Xa hai uns anos estivo a punto de levar un sachazo na cabeza por andar con esas lerias".

Os nosos reporteiros conseguiron contactar co movedor dos marcos que declarou que "estes estaban todos preocupados polo papel de cagar pero eu fun máis listo. De momento poden seguir vivindo nas miñas terras porque este goberno de comunistas e jipis paralizaron os desafiuzamentos pero en canto acabe toda esta trangallada vanse ir vivir a Vilardevós ou á Gudiña e que non se poñan parvos que igual anexiono eses concellos tamén", espetou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta